ESPAZO CONCILIA!!!

7 may. 2015

Ler máis...

Hoxe co gallo da conmemoración do 8 de marzo, Día Internacional das Mulleres dende o CIM e a Concellería de Igualdade demos lectura dun manifesto diante da Casa Consistorial

9 mar. 2015

MANIFESTO DÍA INTERNACIONAL DA MULLER- MARZO 2015


Chegou o 8 de marzo, podría ser un día mais de calquera outro ano, pero non, conmeroramos o Día Internacional da Muller, data para homenaxear ás nosas predecesoras, a todas esas valentes que abriron camiño para alcanzar os pequenos logros que actualmente temos as mulleres do século XXI -que grandes-. É preciso alimentar a memoria colectiva e reinvindicar as loitas de aquelas pioneiras que deron as súas vidas a cambio dos nosos dereitos, que foron queimadas vivas, transgredidas, encarceladas, torturadas,.... mais tamén para concienciar a mocidade, que por desgraza, a loita continua.

A situación de desigualdade que viven as mulleres galegas viuse acentuada co aumento da precariedade laboral desde comezos desta crise, sen a implantación de políticas efectivas que puidesen frear o crecemento da fenda que sitúa as mulleres á marxe e que lles deixa cada vez máis as portas abertas ao desemprego, ao emprego precario ou á emigración. Os datos sobre o desemprego e as lamentábes condicións dos traballos que desempeñan as mulleres na Galiza a día de hoxe, así como o elevadísimo número, sobre todo de mozas, que se viron obrigadas a abandonaren o noso país na procura dun futuro mellor (case 60,000 mozas galegas tiveron que emigrar) , reflicten que a situación das mulleres no noso país vén empeorando de forma alarmante nos últimos anos.


A pesar de escoitarmos insistentemente o discurso da igualdade conseguida, a realidade reflicte que a fenda salarial continúa ampliándose e as mulleres son as principais afectadas cando nos referimos ás persoas que se atopan en risco ou situación de exclusión social. En Galiza elas perciben o soldo mais baixo no conxunto do estado español e traballan 80 días mais para percibiren o mesmo salario. Asemade, o desigual reparto de responsabilidades á hora de asumir as tarefas domésticas supón que a maternidade sexa un factor de penalización sobre o emprego das mulleres, de feito as excedencias para o coidado de menores e familiares dependentes son solicitadas en mais do 95% dos casos polas mulleres.


A desaparición das políticas de igualdade, os recortes orzamentarios e no estado de benestar, as reformas laborais e ideolóxicas do goberno estatal contra as mulleres e a inactividade do goberno galego, incumprindo a Lei 2/2007, do 28 de marzo, do traballo en igualdade das mulleres de Galiza, coa que se comprometía a creación dun Plan de Emprego feminino, supoñen un retroceso importante nos nosos dereitos.


Sen políticas activas e positivas que reduzan a desigualdade, sen coeducación, sen sonodidade, sen implicación social e institucional, todos os días do ano seguirán sendo 8 de marzo.
















Ler máis...

CAMPAÑA "DE MULLER A MULLER" co gallo do 8 de marzo, Día Internacional das Mulleres.

4 mar. 2015

O Centro de Información a Muller da Concellaría de Benestar do Concello de Poio no marco do Día Internacional da Muller que se celebra o 8 de marzo, organiza por primeira vez neste ano 2015 a campaña De Muller a Muller.

O obxectivo da campaña é poñer en valor o traballo das mulleres do concello a través dun programa de recoñecemento público.



As mulleres foron seleccionadas entre outros valores, por ser pioneiras e exercer o liderazgo no seu campo de traballo prioritariamente masculino, por ser mulleres loitadoras e con instinto de superación ou polo seu adicación e servizo as demáis mulleres.


As mulleres seleccionadas son:


  • Margariña Valderrama Curras: primeira muller concelleira en Poio no período de democracia.
  • Asunción Díaz Pereira: exemplo de muller traballadora e de instinto de superación persoal.
  • Begoña Lorenzo Lourido: matrona no centro de saúde do concello dende hai 30 anos.
  • Noemí Blas Prieto: muller pioneira no deporte das carreiras de coches, presidenta dunha escudería e líder nun mundo primordialmente masculino.
  • María Curra Ortíz: muller pioneira no marisqueo a flote, unha actividade só exercida por homes.

Os actos que recolle esta campaña son:
  • Campaña de imaxe das mulleres: realizouse a identidade da campaña con imaxes das homenaxeadas. Mediante unha sesión fotográfica individual realizáronse 5 carteis, un por muller onde aparece a fotografía da homenaxeada, o seu nome e unha frase resumo que explica o motivo da selección.



  •  
     
                                               










  • Acto de homenaxe: o venres 13 as 20:15 h celebrarase no Casal de Ferreirós. Farase unha presentación das candidatas, entregaráselles un agasallo conmemorativo e logo daráselles a palabra para que poidan compartir cos seus familiares e invitados ese sentimento de ser muller. Finalmente rematarase cun pincho.

  • Bosque de mulleres: o sábado 14 as 12:00h no Parque de Costa Xiráldez as mulleres homenaxeadas realizarán unha plantación de árbores para iniciar un Bosque de mulleres no Concello de Poio.



  • Por outra banda, o luns 9 de marzo ás 12h terá lugar un parón diante do Concello e a lectura do manifesto reinvindicativo a cargo da Concelleira de Igualdade.



     






    Ler máis...