Actividades do 1º Trimestre de 2012

10 feb. 2012


Actividades de Emprego e Desenvolvemento Profesional

Neste contexto inscríbense as iniciativas de formación para a procura de emprego, para o desenvolvemento de habilidades sociais, para a mellora profesional e o fomento do autoemprego feminino.


> Obradoiros de Técnicas de Busca Activa de Emprego <

Obradoiros sobre técnicas de busca activa de emprego dirixidos a mellorar as capacidades estratéxicas das mulleres na procura dunha nova ocupación laboral. Traballarase a capacidade de automotivación e de perseverar no empeño a pesar das posibles frustracións empregando ferramentas de coaching laboral.

-Obxectivo: Incrementar a empregabilidade de mulleres en situación de desemprego a través do coñecemento da estrutura e recursos do mercado laboral, as técnicas básicas de busca activa de emprego e as ferramentas de autoorientación profesional.
-Destinarias: Traballadoras desempregadas.
-Datas: 28 de febreiro e 1 e 6 de marzo 2012.
-Duración: 3 xornadas (2h/día).
-Horario: mañá, 10:00 a 12:00 horas.
-Lugar: Salón do Centro de Servizos Sociais (Casa Rosada).
-Docencia: Formadora con experiencia no eido da formación e o emprego e apaixonada da innovación e as novas tecnoloxías. Aplica técnicas de coaching e intelixencia emocional.
-Nº de prazas: 15.
-Prezo: De balde.




> Obradoiro de Formación para o Desenvolvemento Profesional <

Obradoiro de formación para o desenvolvemento profesional centrado nas visións e actitudes masculinas e femininas cara o mundo empresarial. 

As mulleres fóronse introducindo ao longo das últimas décadas no mundo laboral, un lugar que durante séculos foi exclusivamente masculino. Os homes foron os artífices das súas estruturas. Inventaron e construiron este mundo por e para eles. Son moitos os aspectos que as novas profesionais teñen que coñecer para comezar a transformar esta realidade.

Neste obradoiro, a través da análise de situacións de caso trataranse temas como as regras non escritas do traballo e os diferentes valores, costumes e actitudes que determinan o diferente xeito de concibir o mundo profesional dos homes e das mulleres.

-Obxectivo: Lograr unha convivencia profesional máis rica, harmoniosa e rendible mellorando e impulsando as relacións profesionais a través da reflexión e a empatía.
-Destinatarias: Traballadoras en activo.
-Data: pendente de determinar.
-Duración: 2 horas aprox.
-Horario: Tarde, 20:00 a 22:00 horas.
-Lugar: Salón do Centro de Servizos Sociais (Casa Rosada).
-Nº de prazas: 15.
-Prezo: De balde.



> Seminario Recursos de Apoio ao Emprendemento <

Este seminario ten como finalidade proporcionar información útil sobre os recursos, estruturas e apoios de diversa natureza a disposición daquelas persoas que queiran pór en marcha unha iniciativa empresarial. 

Reuniranse e presentaranse os diferentes programas de apoio ao emprendemento existentes, nas súas diferentes modalidades (subvencións, financiamento, asesoría, formación...), para as diferentes etapas (xeración e maduración da idea, posta en marcha, desenvolvemento, consolidación...), e procedentes de diferentes ámbitos (administracións, cámaras de comercio, universidades, UE...).

-Finalidade: Impulsar e reforzar a actividade empresarial como estímulo para a creación de emprego feminino e facilitar a posta en marcha de iniciativas empresariais locais lideradas por mulleres.
-Destinarios/as: Interesados/as en xeral (traballadoras desempregadas, preferentemente). A metodoloxía deste seminario está adaptada a un amplo abano de destinatarios/as; dende persoas con inquedanzas emprendedoras até desempregados/as, traballadores/as en activo, técnicos/as de emprego e promoción económica ou estudantes que, próximos á súa incorporación ao mundo laboral, queiran coñecer opcións alternativas ao traballo por conta allea.
-Docencia: Representantes de diversas entidades colaboradoras (Cámara de Comercio de Pontevedra, Grupo de Acción Costeira da Ría de Pontevedra...)  e titora de empresa da rede de técnicos/as de emprego con dilatada experiencia no asesoramento e tramitación de recursos de apoio. 
-Lugar: Casal de Ferreirós (Avda. Andurique nº 43). Concello de Poio.
-Data: 02 de marzo de 2012.
-Duración: 2-3 horas.
-Horario: 18:00 – 20:30 horas.
-Nº de prazas: 25.
-Prezo: De balde.



> Seminario para a Creación de Empresas <

Seminario de motivación emprendedora no que se darán consellos fundamentais para quenes estén pensando crear a súa propia empresa ou sintan interese polo mundo empresarial.

O obxectivo desta actividade é difundir como se xeran as ideas empresariais e romper mitos sobre a figura do emprendedor/a, amosando a través de experiencias persoais de emprendedores/as galegos/as, que calquera persoa con ganas e esforzo pode desenvolver un proxecto empresarial.

Contará coa asistencia de Sandra Amézaga da empresa ´Exquisitec.es´, co obxecto de achegar as/aos asistentes á realidade do mundo da empresa, valorizar a figura da/o empresaria/o e analizar o proceso que media entre a motivación, a xeración dunha idea e a súa conversión en negocio (Sandra Amézaga é a fundadora de ´Exquisitec.es´, un negocio de venda on-line especializado en marisco, molusco e peixe de Galicia. Neste seminario falará da súa experiencia como emprendedora e empresaria e do seu proxecto innovador cheo de ilusión e optimismo).

-Finalidade: Fomentar o espíritu emprendedor e facilitar a posta en marcha de iniciativas empresariais locais lideradas por mulleres.
-Destinarios/as: Interesados/as en xeral (traballadoras desempregadas, preferentemente). A metodoloxía deste seminario está adaptada a un amplo abano de destinatarios/as; dende persoas con inquedanzas emprendedoras até desempregados/as, traballadores/as en activo, técnicos/as de emprego e promoción económica ou estudantes que, próximos á súa incorporación ao mundo laboral, queiran coñecer opcións alternativas ao traballo por conta allea.
-Docencia: Titor/a de empresa con dilatada experiencia na impartición deste tipo de formación. 
-Lugar: Salón do Centro de Servizos Sociais (Casa Rosada). Concello de Poio.
-Data: 01 de febreiro de 2012.
-Duración: 2-3 horas.
-Horario: 18:30 – 21:00 horas.
-Nº de prazas: 25.
-Prezo: De balde.




Actividades de Ocio, Benestar e Saúde

Estas actividades teñen como principal finalidade contribuír á mellora da calidade de vida das mulleres do municipio e a súa contorna familiar (favorecendo hábitos de vida saudables como a inclusión do exercicio físico na actividade cotiá), previr o illamento e fomentar a participación na vida social.


> Arteterapia <

Xornadas de recursos creativos para o desenvolvemento persoal a través de técnicas plásticas e corporais que estimulan a creatividade.

-Destinatarias/os: Mulleres (preferentemente).
-Datas/Duración: 3 sesións, días 6, 13 e 27 de febreiro de 2012.
-Día da semana: Luns.
-Horario: De 20:15 a 21:45 h.
-Lugar: Salón do Centro de Servizos Sociais (Casa Rosada).
-Docencia: Terapeuta especializada en técnicas de relaxación, control do estrés e métodos de creatividade corporal.
-Nº de prazas: 20.
-Prezo: De balde.


> Pilates <

Actividade de adestramento físico e mental baseada en especialidades como a ximnasia, a traumatoloxía e o ioga, unindo o dinamismo e a forza muscular co control mental, a respiración e a relaxación.

-Destinatarias/os: Mulleres (preferentemente).
-Datas/Duración: Até xuño de 2012 - inscricións ao longo do ano (*).
-Días da semana: Martes e xoves.
-Horarios: De 20:15 a 21:00 h ou de 21:00 a 21.45 h (Servizos Sociais) e de 20:15 a 21:00h (Local Social de Campelo).
-Lugar: Salón do Centro de Servizos Sociais (Casa Rosada) e Local Social de Campelo.
-Docencia: Terapeuta especializada en técnicas de relaxación e desenvolvemento dos músculos para manter o equilibrio corporal e a estabilidade da columna vertebral.
-Nº de prazas: 75 (en tres grupos de 25).
-Prezo: 20 euros/mes.

(*) AVISO: Os grupos do Centro de Servizos Sociais teñen LISTA DE AGARDA.



 >> Inscricións Ocio, Benestar e Saúde <<

Para preincribirse nas actividades de ocio, benestar e saúde podes contactar con nós a través dos teléfonos 986 872 401, 986 874 238 e o e-mail: igualdade@concellopoio.org.

Tamén podes enviar o formulario de inscrición que aparece ao pinchar na foto.

No hay comentarios: