Accións en Sectores Laborais Feminizados
Formación e sensibilización para profesionais do mar e a poboación en xeral
Formación e sensibilización para profesionais do mar e a poboación en xeral
As "Mulleres e o Mar" será o eixo temático fundamental deste ano para a
campaña de sensibilización con motivo do Día Internacional da Muller do
Concello de Poio. Neste contexto, o CIM está a programar as seguintes
actividades:
Formación e Sensibilización para Traballadoras do Mar
O marisqueo a pé é unha actividade fundamental para o desenvolvemento socioeconómico de Poio. Das 396 persoas do municipio con licenza para exercer a actividade máis do 90% son mulleres.
> Obradoiro de Prevención de Riscos Laborais no Marisqueo <
Este
obradoiro realizado en colaboración co Instituto de Seguridade e Saúde
Laboral de Galicia (ISSGA) busca fomentar hábitos saudables nas
traballadoras e axudar a coñecer os riscos específicos da profesión para
previr lesións músculo-esqueléticas frecuentes (cervicalxias, lumbalxias e dorsalxias; alteracións da/s articulación/s do ombreiro/s (tendinite, artrose, roturas, luxacións); alteracións da/s articulación/s do xeonllo/s (lesións ligamentosas, artroses, lesións de menisco); lesións do túnel carpiano; alteracións da/s articulación/s do cóbado/s (epicondilitis, epitrocleitis, artrose).
-Obxectivo:
Fomentar hábitos nas destinatarias que axuden a previr lesións
músculo-esqueléticas fortemente incapacitantes.
-Destinatarias: Mariscadoras a pé.
-Data: mércores 29 de febreiro de 2012.
-Duración: 2 horas aprox.
-Horario: tarde, 17:30 a 19:30 horas.
-Lugar: Salón do Centro de Servizos Sociais (Casa Rosada).
-Prezo: de balde.
-Prezo: de balde.
> Obradoiro sobre Supostos para o Abandono da Profesión: Xubilación e Axudas <
Este
obradoiro realizado en colaboración coa Asociación Galega de
Mariscadoras (AGAMAR) ten como obxecto informar sobre a acción
protectora da Seguridade Social nos casos de abandono da profesión na
idade legal de xubilación e axudas ao colectivo nos supostos de non ter
dereito a pensión contributiva ou non acadar os periodos mínimos de
cotización.
-Obxectivo: Proporcionar información útil e precisa sobre os supostos de abandono da profesión.
-Destinatarias: Mariscadoras a pé.
-Data: mércores 7 de marzo de 2012.
-Duración: 2 horas aprox.
-Horario: tarde, 17:30 a 19:30 horas.
-Lugar: Salón do Centro de Servizos Sociais (Casa Rosada).
-Prezo: de balde.
-Prezo: de balde.
Video-Forum "As Mulleres e o Mar"
Mércores 29 de febreiro, 2012 ás 19:30 horas
Presentación
dos traballos da muller e o mar e proxección das pezas documentais dos
Grupos de Acción Costeira da Ría de Vigo-A Guarda e a Ría de Pontevedra.
María
Elena Herbello Puentes, Xerente do Grupo de Acción Costeira 7 Ría de
Vigo-A Guarda, e Laura Nieto Zas, Xerente do Grupo de Acción Costeira 6
Ría de Pontevedra, exporán nunha mesa redonda como xurdiu a idea dos
documentais, a exposición fotográfica “Un Mar de Mulleres” e a
publicación do mesmo nome (Durante os veráns de 2010 e 2011 realizáronse
entrevistas a mulleres que traballan en diferentes organizacións
profesionais do sector pesqueiro dos Concellos das Rías de Vigo, A
Guarda e Pontevedra co obxectivo de aproximarse á realidade da situación
laboral destas profesionais galegas. Coa información recompilada
editáronse as pezas audiovisuais que se visionarán nesta presentación).
O
acto comezará ás 19:30 horas no Centro de Servizos Sociais de Poio
(Casa Rosada) e a él están convidados/as todos/as os/as membros das
entidades representativas do sector: Confrarías e agrupacións sectoriais
que queiran participar e contribuír coa súa experiencia como
protagonistas destes traballos.
"Un Mar de Mulleres" - Un documental sobre a muller do mar
Entrada libre para público xeral até completar aforo.
Entrada libre para público xeral até completar aforo.
Exposición "Un Mar de Mulleres"
Do 17 de febreiro ao 1 de marzo, 2012
Esta exposición, elaborada polo Grupo de Acción Costeira nº 7 da Ría de Vigo-A Guarda, ten como obxectivo valorizar o traballo e imaxe da muller no mar. Recolle a historia de mulleres de diferentes Concellos que desenvolven traballos vinculados co mar: mariscadoras, lonxeiras, mariñeiras, bateeiras, redeiras, percebeiras…
Poderá visitarse:
Do 17 ao 24 de febreiro no Casal de Ferreirós.
Do 27 de febreiro ao 1 de marzo no Centro de Servizos Sociais de Poio (Casa Rosada).
Entrada libre para público xeral.
Outras Actividades Socioeducativas
Accións co alumnado de ensino secundario e a poboación en xeral
Accións co alumnado de ensino secundario e a poboación en xeral
Ademais destas centradas na muller do mar o CIM realizará actividades orientadas aos centros educativos do municipio e a poboación en xeral:
Campaña educativa "Tecendo Historias de Muller"
> Obradoiros Educativos co alumando de Ensino Secundario <
Ás mozas e mozos participantes ofréceselles a posibilidade de tomar parte nun concurso de relatos e de fotografía que teñen de fondo os temas tratados nos obradoiros.
As historias de vida que son a base do deseño dos obradoiros educativos serán noveladas por autoras e autores galegas/os de renome xunto cos relatos e fotografías do concurso xuvenil e formarán parte dun libro que terá o título de Tecendo historias de muller.
Estes obradoiros realizaranse na semana do 5 ao 9 de marzo.
> Teatro de Rúa "Tecendo Historias de Muller <
Teatro de rúa TECENDO HISTORIAS DE MULLER para a poboación en xeral: Tamén contaremos con Solidariedade Internacional para unha actuación-espectáculo de rúa (sketchs teatrais) titulada "TRASDELAS" sobre a situación de desigualdade á que se enfrontan as mulleres nos países empobrecidos, incidindo no compromiso adquirido polo goberno español a través dos Obxectivos do Cumio do Milenio.
Realizarase o sábado 10 de marzo ás 12.00 horas na praza da Chouza de Combarro.
Actuación aberta a público xeral.
VIII Concurso de Redaccións "Fálanos da túa avoa"
Este concurso está dirixido ao alumnado de 1º a 4º da ESO do IES de Poio. Os premios consistirán nun ipod, nunha cámara dixital e material escolar e entregaranse o día 9 de marzo ás 20.00 horas no Centro de Servizos Sociais.
Gañadoras:
1º Premio: Paula Domínguez Gómez (Samieira).
2º Premio: Claudia Calvo Couselo (San Xoán).
3º Premio: Iria González Otero (San Xoán).
No hay comentarios:
Publicar un comentario