|
A Concellería de Cultura e a Concellería de Igualdade, en colaboración coa Asociación de Mulleres Arela de Campelo, organizan o Ciclo de Cinema de Muller, que terá lugar no local social de Campelo os venres 25 de maio, 1, 8 e 15 de xuño, ás 20.30 horas. O ciclo rematará coa presentación das curtas "Desafiando fronteiras" e "Mulleres no camiño" o día 15 de xuño, as 18.30 horas, e coa inauguración da exposición "Mirada en construcción" e un coloquio posterior a cargo de técnicas da ONG "Acsur".
A través deste ciclo de cine, coñeceremos situacións e realidades de mulleres de diferentes partes do mundo e poderemos visionar películas cunha mirada de xénero.
Claudia Losa, directora da pelicula peruana "La teta asustada", gañadora do Oso de Oro no Festival de Berlin no ano 2009 e nominada ó oscar como mellor película extranxeira no ano 2010 acheganos á violencia que sofreron as mulleres na época do terrorismo en Perú, nos anos 1980 e 1992;
Patricia Cardoso, de orixe colombiana, na súa ópera prima "Las mujeres de verdad tienen curvass" fainos reflexionar sobre a cuestión da femineidad, o modelo tradicional de familia, a sexualidade e a beleza. Esta película obtivo entre outros premios o Premio Especial do Xurado e Premio do Público no Festival de Sundance 2002;
"La voz dormida" de Benito Zambrano, nos fala da represión franquista na época da postguerra, a través da súa protagonista, Pepita (María León), unha inmigrante andaluza que se instala en Madrid onde está encarcelada a súa irmá. A protagonista levou a concha de prata a mellor actriz no Festival de Cine de San Sebastián 2011 e foi gañadora do goya como mellor actriz revelación este ano 2012; |
|
No hay comentarios:
Publicar un comentario