Benvida

29 sept 2011


Benvidas e benvidos ao novo espazo web do Centro de Información á Muller do Concello de Poio. Un espazo no que poderás coñecer as políticas de igualdade desenvolvidas polo Goberno Municipal e obter información sobre os servizos, proxectos e actividades que levamos a cabo dende o CIM.

As tecnoloxías da información e a comunicación (TICs) son un instrumento fundamental para a visibilidade da igualdade de oportunidades e a consecución da equidade entre mulleres e homes. Por iso, esta nova ferramenta web pretende brindar un acceso sinxelo á información e concíbese como un lugar de encontro, reflexión, debate e sensibilización que busca incrementar a participación de todas e todos na constitución dunha rede de igualdade, solidariedade, progreso e accesibilidade aos servizos públicos.



Raquel Morales Ferro
Directora do CIM

Lidia Salgueiro Piñeiro
Concelleira de Benestar Social e Igualdade 





No hay comentarios: