A continuación ofrecémosche a programación de actividades de ocio, benestar e saúde do CIM de Poio para os vindeiros meses, apúntate xa!:
Cursos de Pilates
O método Pilates, ou simplemente Pilates, é un sistema de adestramento físico e mental creado a principios do século XX polo alemán Joseph Hubertus Pilates, quen o ideou baseándose no seu coñecemento de distintas especialidades como ximnasia, traumatoloxía e ioga, unindo o dinamismo e a forza muscular co control mental, a respiración e a relaxación. É moi usado como terapia en rehabilitación.
Esta actividade, a celebrar ao longo do ano, céntrase no desenvolvemento dos músculos para manter o equilibrio corporal e dar estabilidade e firmeza á columna vertebral.
Duración: Do 4 de outubro de 2011 a xuño de 2012.
Días da semana: Martes e xoves.
Lugar: Salón de actos do Centro de Servizos Sociais (Casa Rosada) e Local Social de Campelo.
Horarios: De 20:15 a 21:00 h ou de 21:00 a 21.45 h (Servizos Sociais) e de 19.30 a 20.15 h e de 20:15 a 21:00 h (Local Social de Campelo).
Prezo: 20 euros/mes.
Destinatarias/os: Interesadas/os en xeral.
Número de prazas: 104 (en catro grupos de 26).
Días da semana: Martes e xoves.
Lugar: Salón de actos do Centro de Servizos Sociais (Casa Rosada) e Local Social de Campelo.
Horarios: De 20:15 a 21:00 h ou de 21:00 a 21.45 h (Servizos Sociais) e de 19.30 a 20.15 h e de 20:15 a 21:00 h (Local Social de Campelo).
Prezo: 20 euros/mes.
Destinatarias/os: Interesadas/os en xeral.
Número de prazas: 104 (en catro grupos de 26).
Curso de Ioga da Risa
O ioga da risa está inspirado nos achados sobre o poder curativo da risa, así como da respiración, e ten gran popularidade en todo o mundo.
As técnicas que se empregan neste curso derivan da combinación de exercicios de respiración do ioga con exercicios de risa obtendo así os beneficios fisiolóxicos, bioquímicos e psicolóxicos da secreción de endorfinas e outros químicos "do benestar".
Duración: Do 3 ao 31 de outubro de 2011.
Día da semana: Luns.
Lugar: Salón de actos do Centro de Servizos Sociais (Casa Rosada).
Horario: De 20:15 a 21:45 h.
Prezo: 12 euros/curso.
Prezo: 12 euros/curso.
Destinatarias/os: Interesadas/os en xeral.
Número de prazas: 50.
Curso de defensa persoal e autocontrol sobre violencia de xénero
A defensa persoal baséase nos fundamentos dalgúns deportes ou artes marciais. Neste curso trátaranse técnicas básicas de autodefensa que se adoitan usar en defensa persoal policial ou en modalidades deportivas como o kárate (golpes únicos <aqueles que se realizan contra o opoñente cunha zona especifica do corpo>, uso da palma da man, os nudillos e os dedos en zonas brandas, golpes co xeonllo, desequilibrios ou inmovilizacións...) e os aspectos legais que as regulan.
A entidade que o imparte é a Asociación Deportiva DOM +, formada entre outros, por policías expertos na seguridade.
Duración: Do 7 de novembro ao 26 de decembro de 2011.
Día da semana: Luns.
Lugar: Salón de actos do Centro de Servizos Sociais (Casa Rosada).
Horario: De 20:00 a 21:30 h.
Prezo: 15 euros/curso.
Destinatarias/os: Interesadas/os en xeral.
Número de prazas: 15.
Para preincribirse nestas actividades podes contactar con nós a través dos teléfonos 986 872 401, 986 874 238, o e-mail: igualdade@concellopoio.org.
Tamén podes enviar o formulario de inscrición que aparece ao pinchar na foto.
No hay comentarios:
Publicar un comentario