S O A S
Día: 22 de outubro de 2011
Hora: 21:00 horas
Lugar: Teatro Principal de Pontevedra
Prezo: 12 euros (10 euros para estudantes)
Venta anticipada: www.servinova.com
Se alguén nos preguntase sobre o nome dalgún compositor de música clásica, todos/as saberíamos contestar: Mozart, Beethoven ou Vivaldi, por pór un exemplo. Pero se nos preguntasen polo nome dalgunha compositora... Que pasaría?.
Ao longo dos séculos a muller estivo relegada a un segundo plano en todas as artes, na música tamén. Sobretodo na clásica. Se botamos a vista atrás, atopamos que no século XIX para que unha muller puidera publicar as súas composicións tiña que facelo baixo o pseudónimo dun home (Jeanine Baganier, compositora francesa, conseguiu o primeiro premio de piano do Conservatorio de París co nome de Freddy Anoka).
Co transcorrer dos anos esta situación foi mellorando. As mulleres, co seu propio nome, foron incorporándose paulatinamente e de pleno á musica. A pesar de todo o camiño percorrido, hoxe, ainda segue sendo moi necesario promocionar o papel das mulleres na música, principalmente na clásica.
Este é o noso obxectivo con este artigo: reflexionar sobre a desigualdade e discriminación de xénero que todavía persiste na música (a música é unha desas canles socializadores, que non sempre ben, transmiten e reproducen valores e roles sociais). De igual modo, salientar o traballo de mulleres como Rosa Cedrón e Cristina Pato que no seu primeiro proxecto discográfico conxunto conceden un protagonismo absoluto á muller.
Este é o noso obxectivo con este artigo: reflexionar sobre a desigualdade e discriminación de xénero que todavía persiste na música (a música é unha desas canles socializadores, que non sempre ben, transmiten e reproducen valores e roles sociais). De igual modo, salientar o traballo de mulleres como Rosa Cedrón e Cristina Pato que no seu primeiro proxecto discográfico conxunto conceden un protagonismo absoluto á muller.
Soas, nace co fin de achegar a música clásica a todos os públicos e demostrar á audiencia máis esixente que a tradición galega está dotada dun rexistro tan amplo que permite a incorporación de elementos orquestrais dun modo natural e homoxéneo. Fai referencia a obras de Rosalía de Castro, Yolanda Castaño, Curros Enríquez, Celso Emilio Ferreiro, José Castro -Chané- ou Emilio Batallán. As pezas que o compoñen foron seleccionadas coidadosamente dun repertorio que comprende obras propias e outras de grandes clásicos galegos de diferentes épocas: desde "Negro Caravel", editado no último álbum de Cristina Pato, "The Galician Connection", pasando por unha emocionante versión do "Romance de Mirabella" incluído en "Entre dous mares", de Rosa Cedrón, ademais doutros temas tan significativos como "Unha noite na eira do trigo" ou "Quen puidera namorala".
Cristina Pato e Rosa Cedrón. Ambas artistas ligaron a súa vida profesional á música clásica, Cristina labrándose unha importante carreira como pianista e Rosa co violonchelo. Estes anos de dedicación absoluta, sumados a outros tantos de experiencia no ámbito da música de identidade galega, confluíron neste traballo. Non volo perdades!
No hay comentarios:
Publicar un comentario