Botamos a vista ao redor, e que vemos?, desigualdades que a pesar de ser constantemente combatidas permanecen sempre iguais. É o que moitas persoas vemos, pero non é o único. Neste panorama tamén hai algo distinto. Unha muller que reinvidica os seus dereitos. Outra que leva anos loitando polos seus ideais. Un grupo de xente que traballa por cambiar as cousas.
Estas persoas teñen dentro unha pequena luz. É a luz da curiosidade, do querer saber, da reflexión, do inconformismo e da acción. Son persoas que non están dispostas a vivir por máis tempo cos ollos vendados deixando as cousas como están. Que non se resignan a vivir nun mundo pretendidamente aciago, sombrío e desigual. Persoas que coa súa luz están dispostas a disolver as sombras, a iluminar o camiño encabezando unha marcha cara a un mundo mellor.
Este é a nosa pequena homenaxe as gañadoras do Premio Nobel da Paz 2011, a presidenta de Liberia, Ellen Johnson Sirleaf, a activista, tamén liberiana, Leymah Roberta Gbowee e a iemení Tawakul Karman.

- Ellen Johnson Sirleaf, inspirou ao mundo ao converterse na primeira muller presidenta de Liberia despois de pasar polo cárcere durante a ditadura de Samuel Kanyon Doe.
- Leymah Roberta Gbowee, impulsou en 2002 o movemento pacifista e multiétnico Women of Liberia Mass Action for Peace que puxo fin á segunda guerra civil en Liberia un ano despois.
- Tawakul Karman, encabeza o activismo nas rúas de Iemen para esixir os dereitos universais. A pesar das ameazas e a violencia exercida contra os/as manifestantes pacíficos, mantén xunto cos seus compañeiros/as unha voz poderosa cara á non violencia nun país onde as armas superan en número ás persoas.
Son 3 das 15 mulleres que recibiron este galardón (o Premio Nobel da Paz foi outorgado a 98 persoas e a 20 organizacións desde a súa creación en 1901).
> Mulleres que acadaron o Premio Nobel da Paz <
2011 Ellen Johnson Sirleaf (Liberia), Leymah Gbowee (Liberia) e Tawakkul Karman (Iemen).
2004 Wangari Maathai (Kenia).
Por contribuír ao desenvolvemento sustentable, a democracia e a paz.
2003 Shirin Ebadi (Irán).
Primeira muller musulmá que recibe o premio, pola súa loita en favor dos dereitos humanos, das mulleres e dos nenos.
1997 Jody Williams (Estados Unidos).
Polo seu traballo a prol da prohibición do uso de minas antipersoais e a súa remoción.
1992 Rigoberta Menchú Tum (Guatemala).
Recoñecemento á súa labor na procura da xustiza social e a reconciliación etno-cultural baseada no respecto aos dereitos dos indíxenas.
1991 Aung San Suu Kyi (Birmania).
Sendo prisioneira de conciencia conseguiu que o drama birmano non caese no esquecemento e revelou ao mundo a situación dos dereitos humanos no seu país.
1982 Alva Myrdal (Suecia).
Polo seu apoio aos procesos de desarmamento nos anos 60 e 70.
1979 Madre Teresa de Calcuta (Macedonia).
Recoñecemento ao seu labor humanitario axudando aos marxinados da sociedade, primordialmente enfermos, pobres, orfos, moribundos e persoas sen fogar.
1976 Betty Williams e Mairead Corrigan (Irlanda do Norte).
Pola incansable búsqueda de solucións pacíficas ao conflito armado norirlandés.
1946 Emily Greene Balc (Estados Unidos).
Polos seus traballos pacifístas durante a Primeira Guerra Mundial.
1931 Jane Addams (Estados Unidos).
Polo seu compromiso social.
1905 Bertha von Suttner (Austria).
Foi unha das máis destacadas figuras do movemento internacional pola paz e difundiu esta ideoloxía en toda Europa.

De cando en vez, acontecen pequenas anécdotas nun mundo de xigantes. Hoxe, alegrámonos co éxito dunhas semellantes que, coa súa luz, contribuen día a día a avivar a mecha dun gran cambio estrutural.
No hay comentarios:
Publicar un comentario