A exposición recolle o traballo de 23 fotoxornalistas galegos, que tratan de sacar a luz, dende unha óptica de normalidade e respeto, as imaxes que nos achegan o día a día das mulleres e á súa relación cotiá co traballo ao longo da historia e a conciliación da vida laboral e familiar.
Estas obras amosan ás primeiras traballadoras do sector téxtil, conserveiro, ás primeiras redeiras, ás mestras, ás lavandeiras, ás médicas, ás xornalistas, etc... dende o pasado ate a actualidade.
Pódese visitar ate o 30 de novembro.
No hay comentarios:
Publicar un comentario