Hoxe co gallo da conmemoración do 8 de marzo, Día Internacional das Mulleres dende o CIM e a Concellería de Igualdade demos lectura dun manifesto diante da Casa Consistorial

9 mar 2015


MANIFESTO DÍA INTERNACIONAL DA MULLER- MARZO 2015


Chegou o 8 de marzo, podría ser un día mais de calquera outro ano, pero non, conmeroramos o Día Internacional da Muller, data para homenaxear ás nosas predecesoras, a todas esas valentes que abriron camiño para alcanzar os pequenos logros que actualmente temos as mulleres do século XXI -que grandes-. É preciso alimentar a memoria colectiva e reinvindicar as loitas de aquelas pioneiras que deron as súas vidas a cambio dos nosos dereitos, que foron queimadas vivas, transgredidas, encarceladas, torturadas,.... mais tamén para concienciar a mocidade, que por desgraza, a loita continua.

A situación de desigualdade que viven as mulleres galegas viuse acentuada co aumento da precariedade laboral desde comezos desta crise, sen a implantación de políticas efectivas que puidesen frear o crecemento da fenda que sitúa as mulleres á marxe e que lles deixa cada vez máis as portas abertas ao desemprego, ao emprego precario ou á emigración. Os datos sobre o desemprego e as lamentábes condicións dos traballos que desempeñan as mulleres na Galiza a día de hoxe, así como o elevadísimo número, sobre todo de mozas, que se viron obrigadas a abandonaren o noso país na procura dun futuro mellor (case 60,000 mozas galegas tiveron que emigrar) , reflicten que a situación das mulleres no noso país vén empeorando de forma alarmante nos últimos anos.


A pesar de escoitarmos insistentemente o discurso da igualdade conseguida, a realidade reflicte que a fenda salarial continúa ampliándose e as mulleres son as principais afectadas cando nos referimos ás persoas que se atopan en risco ou situación de exclusión social. En Galiza elas perciben o soldo mais baixo no conxunto do estado español e traballan 80 días mais para percibiren o mesmo salario. Asemade, o desigual reparto de responsabilidades á hora de asumir as tarefas domésticas supón que a maternidade sexa un factor de penalización sobre o emprego das mulleres, de feito as excedencias para o coidado de menores e familiares dependentes son solicitadas en mais do 95% dos casos polas mulleres.


A desaparición das políticas de igualdade, os recortes orzamentarios e no estado de benestar, as reformas laborais e ideolóxicas do goberno estatal contra as mulleres e a inactividade do goberno galego, incumprindo a Lei 2/2007, do 28 de marzo, do traballo en igualdade das mulleres de Galiza, coa que se comprometía a creación dun Plan de Emprego feminino, supoñen un retroceso importante nos nosos dereitos.


Sen políticas activas e positivas que reduzan a desigualdade, sen coeducación, sen sonodidade, sen implicación social e institucional, todos os días do ano seguirán sendo 8 de marzo.
















No hay comentarios: