Na procura da difusión e sensibilización cidadá acerca da vixencia e aplicación do principio de igualdade de oportunidades entre mulleres e homes o CIM realiza:
- Obradoiros dirixidos á comunidade educativa.
- Actividades de formación e de lecer.
- Charlas e xornadas informativas.
- Campañas e actos conmemorativos.
- Exposicións e outras manifestacións culturais.
Un dos principais obxectivos desta programación consiste en sensibilizar á poboación, principalmente ás xeracións máis novas, sobre a necesidade de erradicar calquera tipo de violencia por razón de xénero tanto no ámbito público coma na vida familiar ou privada. Trátase, neste senso, de fomentar a responsabilidade compartida, doméstica e familiar, e a corresponsabilidade no traballo e no ámbito profesional.
.................................................................
Ocio, Benestar e Saúde
O CIM de Poio deseña e realiza programas e actividades dirixidas principalmente a mulleres do municipio tendo en conta:
- O tempo de ocio e de lecer.
- O seu benestar físico, psíquico, emocional e social.
- O seu benestar físico, psíquico, emocional e social.
As actividades neste contexto teñen como obxecto principal contribuír á mellora da calidade de vida das mulleres e o seu entorno familiar (favorecer hábitos de vida saudables como a inclusión do exercicio físico na actividade cotiá), previr o illamento e fomentar a participación na vida social.
O CIM de Poio promove e pon en marcha actividades no eido da formación, o emprego e o desenvolvemento profesional:
- Plans específicos de formación para a procura de emprego e a mellora profesional.
- Información periódica sobre actividades formativas e ofertas de emprego.
- Programas de desenvolvemento de habilidades sociais.
- Obradoiros para o fomento do autoemprego feminino.
- Iniciativas para o achegamento ás tecnoloxías da información e da comunicación.
Estas iniciativas buscan reforzar o papel igualitario das mulleres e favorecer a capacidade creativa e emprendedora entre outras finalidades.
.................................................................
Sensibilización
No marco das actividades de fomento da igualdade, o CIM de Poio realiza exposicións e actos culturais que teñen como principal obxectivo dar a coñecer aspectos da sociedade dende a perspectiva de xénero cunha finalidade de sensibilización:
Exposición "UN MAR DE MULLERES": En febreiro no Concello de Poio.
Exposición "UN MAR DE MULLERES": En febreiro no Concello de Poio.
Esta exposición que poderá visitarse do 17 de febreiro ao 1 de marzo de 2012 ten como obxectivo valorizar o traballo e imaxe da muller no mar. Recolle a historia de mulleres de diferentes Concellos que desenvolven traballos vinculados co mar: mariscadoras, lonxeiras, mariñeiras, bateeiras, redeiras, percebeiras…
O Concello de Poio acolleu do 5 ao 19 de outubro de 2011 a exposición 'Elas ensinan', unha homenaxe da Secretaría Xeral da Igualdade da Xunta de Galicia ás mulleres educadoras, pedagogas, ás mestras, como pioneiras da incorporación das mulleres ao mercado laboral.
A mostra recolle as historias de vida de dezaoito mestras galegas de finais do XIX e o XX que compartiron o interese pola educación das xeracións máis novas.
.................................................................
Violencia de Xénero
Ademais dos programas específicos de protección de vítimas de violencia de xénero o CIM promove actividades que buscan impulsar a sensibilización social sobre esta problemática:
- Programas de prevención da violencia de xénero (contexto escolar e comunitario).
- Campañas e accións de dinamización social.
- Programas específicos para mulleres vítimas de violencia de xénero.
O Festival Musical contra a Violencia de Xénero é unha destas actividades. Este evento de carácter anual celébrase no mes de novembro (coincidindo coa conmemoración do Día Internacional contra a Violencia de Xénero, o 25 de novembro) e conta coa participación desinteresada de máis dunha ducia de grupos musicais locais.
.................................................................
Conciliación da Vida Laboral e Familiar
O CIM de Poio planifica e desenvolve programas de conciliación da vida laboral e familiar, proxectos de sensibilización para o fomento da conciliación e iniciativas de promoción da corresponsabilidade:
Un destes programas é o Espazo Concilia, unha iniciativa concibida para que as familias poidan continuar no verán coas súas responsabilidades familiares, persoais e profesionais.
A duración da actividade abrangue o período comprendido entre o 27 de xuño e o 9 de setembro e está orientada a nenas e nenos de 3 a 8 anos do municipio (preferentemente).
A duración da actividade abrangue o período comprendido entre o 27 de xuño e o 9 de setembro e está orientada a nenas e nenos de 3 a 8 anos do municipio (preferentemente).
No Espazo Concilia as cativas e cativos realizan actividades educativas e lúdicas, especialmente deseñadas para educación infantil e primaria, co fin de estimular o seu desenvolvemento físico e mental, a participación e a solidariedade.
>>> Horario <<<
De luns a venres de 08:30 a 14:00