¿Quen somos?
O equipo multidisciplinar de profesionais que conforma o CIM de Poio leva 6 anos traballando na consecución da efectividade do dereito á igualdade de trato e de oportunidades entre mulleres e homes. Ademais da confidencialidade, a especialización e a calidade na atención son garantías do Centro.
Actualmente está estruturado do seguinte xeito:
Actualmente está estruturado do seguinte xeito:
- Dirección do centro e asesoramento xurídico: Avogada con máis de 8 anos de exercicio profesional especializada en xénero, dereito de familia e violencia sobre a muller.
- Atención psicolóxica: Psicóloga experta en intervención familiar e xénero con máis de 8 anos na profesión exercendo labores de asistencia e acompañamento psicolóxico e intervencións específicas en situacións de risco.
- Dinamización e sensibilización: Técnica de Igualdade especializada en comunicación, formación e emprego con experiencia de máis de 4 anos no deseño de proxectos e actividades.
- Xestión e Administración: Administrativa con experiencia acumulada de máis de 5 anos no desenvolvemento de actividades específicas no eido da igualdade.
.................................................................
¿Como podes contactar con nós?
Podes dirixirte ao CIM para recibir asesoramento, realizar consultas, iniciar denuncias, xestionar axudas e subvencións ou informarte sobre dereitos e prestacións:
PRESENCIALMENTE (nos horarios de atención ao público de cada servizo) ou a través de CORREO ORDINARIO ao seguinte enderezo:
CIM de Poio
Centro de Servizos Sociais do Concello de Poio (Casa Rosada), 1º e 2º andar
Rúa Domingo Fontán nº 4 (A Barca), 36163 Poio - Pontevedra
Ver mapa máis grande e/ou deseñar itinerario para chegar
A través de TELÉFONO, FAX ou CORREO ELECTRÓNICO:
Fax: 986 870 909
e-mail: igualdade@concellopoio.org
Enviando o seguinte FORMULARIO DE CONTACTO:
(O formulario permite engadir un arquivo adxunto: curriculum, folleto/cartaz dunha actividade ou iniciativa no eido da igualdade que queiras divulgar...)
.................................................................
Directorio
Neste apartado ofrecémosche unha relación doutros teléfonos e informacións de contacto de interese:
- Emerxencias: 112 / 900 444 222 (gratuíto)
- Urxencias médicas: 061 (gratuíto)
- Telefono da muller: 900 400 273 (teléfono de asistencia a mulleres vítimas de violencia, gratuíto e anónimo. 24 horas). Xunta de Galicia.
- Teléfono da violencia de xénero: 016 (gratuíto e anónimo. 24 horas). Goberno de España.
- Teléfono da violencia de xénero para persoas con discapacidade auditiva e/ou da fala: 900 116 016 (gratuíto e anónimo. 24 horas). Goberno de España.
- Teléfono de Información do Instituto da Muller: 900 191 010 (gratuíto. De 9 a 23 h de luns a venres, salvo festivos nacionais).
- Teléfono de Información do Instituto da Muller para mulleres con discapacidade auditiva: 900 152 152 (gratuíto. De 9 a 23 h de luns a venres, salvo festivos nacionais).
- Teléfono de atención á muller maltratada: 900 100 009 (de luns a venres de 09:00 a 21:00 horas). Comisión para a Investigación de Malos Tratos a Mulleres.
- Policía Local do Concello de Poio: 689 575 495 / 986 770 001 / policialocal@concellodepoio.es
- Garda Civil: 062 (emerxencias, gratuíto) / Cuartel de Pontevedra: 986 866 919, enderezo: Rúa Domingo Fontán nº 6, 36163 Poio - Pontevedra.
- Policía Nacional: 091 (emerxencias, gratuíto) / Comisaría Provincial de Pontevedra: 986 868 383, enderezo: Rúa Xoaquín Costa nº 17-19, 36001 Pontevedra.
- Servizos Sociais do Concello de Poio: 986 872 404 / 986 872 401 / benestarsocial@concellopoio.org
- Concello de Poio (Casa consistorial): 986 770 001 / 986 770 038 / poio@concellodepoio.es
- Teléfono Social (gratuíto): Infancia, Dependencia, Discapacidade, Maiores (axuda directa, atención e emerxencia: maltrato infantil...): 900 333 666.
- Teléfono Solidario (gratuíto): Voluntariado... 900 400 800.
- Servizo Galego de Transporte Adaptado (para persoas con discapacidade ou en situación de dependencia): 065 (gratuíto).
- Residencias para adolescentes embarazadas (apoio económico, psicolóxico e sanitario para mozas con dificultades familiares e obrigadas a abandonar o fogar): 986 376 427, perezmola@hotmail.com (Fogar "Santa Isabel" de Vigo. Mulleres da provincia de Pontevedra) / 982 225 370 (Fogar de Lugo).
- Teléfono do Programa Galego de Detección Precoz do Cancro de Mama: 981 141 414.
- Xulgado de Violencia sobre a Muller (Pontevedra): 986 805 786.
- Colexio Provincial de Avogadas/os de Pontevedra: 986 896 866 / Fax: 986 859 202 / Enderezo: Avda. Raíña Vitoria, 9 - 36001 Pontevedra.
- Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia: 981 534 049. Programa de atención psicolóxica: 629 777 595 (24 horas) / copgalicia@cop.es / Enderezo: Espiñeira, 10-Baixo. 15706 Santiago de Compostela.
- Gabinete de Orientación Familiar da provincia de Pontevedra: 986 817 085.
- Delegación Especial do Goberno para a Violencia de Xénero: 91 524 3290 / 91 524 3298.
- Grupo de estudos sobre a condición da muller Alecrín (Vigo): 986 224 193.
- Programa de apoio empresarial ás mulleres das Cámaras de Comercio (PAEM): Programa dirixido a emprendedoras e empresarias. Cámara de Comercio de Pontevedra: 986 866 303, 986 109 589 (Viveiro de Empresas) / viverodeempresas@camarapontevedra.com / info@camarapontevedra.com. Cámara de Comercio de Santiago de Compostela - Viveiro de Empresas: 981 551 700 / vivero@camaracompostela.com