Seguindo co obxectivo de pór ao alcance de todas e todos información de utilidade, a continuación ofrecémosche unha compilación sistematizada e actualizada de normas e plans que pretende dar unha visión global do conxunto de estratexias e normativas vixentes relacionadas coa igualdade de oportunidades e os dereitos cívicos.
Lexislación:
Relación de normativa estatal e autonómica específica sobre igualdade, conciliación, violencia de xénero... Tamén se inclúen outras disposicións que tratan a dependencia ou a discapacidade:
- Lei Orgánica 3/2007, de 22 de marzo, para a igualdade efectiva de mulleres e homes.
- Lei 7/2004, de 16 de xullo, galega para a igualdade de mulleres e homes.
- Lei Orgánica 1/2004, de 28 de decembro, de medidas de protección integral contra a violencia de xénero.
- Lei 27/2003, de 31 de xullo, reguladora da orde de protección das vítimas da violencia doméstica.
- Lei Orgánica 14/1999, de 9 de xuño, de modificación do Código Penal de 1995, en materia de protección ás vítimas de malos tratos e da Lei de Axuizamento Criminal.
- Lei Orgánica 11/2003, de 29 de setembro, de medidas concretas en materia de seguridade cidadá, violencia doméstica e integración social das persoas extranxeiras.
- Lei Orgánica 11/1999, de 30 de abril, de modificación do Código Penal en materia de violencia sexual (Título VIII do Libro II do Código Penal, aprobado pola Lei Orgánica 10/1995, de 23 de novembro).
- Lei 35/1995, de 11 de decembro, de axuda e asistencia ás vítimas de delitos violentos e contra a liberdade sexual.
- Lei 11/2007, de 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero.
- Lei 2/2007, do 28 de marzo, do traballo en igualdade das mulleres de Galicia.
- Lei 39/1999, de 5 de novembro, para promover a conciliación da vida familiar e laboral das persoas traballadoras.
- Lei 39/2006, de 14 de decembro, de promoción da autonomía persoal e atención ás personas en situación de dependencia.
- Lei 5/2010, do 23 de xuño, pola que se establece e regula unha rede de apoio á muller embarazada.
- Lei 3/2011, de 30 de xuño, de apoio á familia e á convivencia de Galicia.
- Lei 40/1999, de 5 de novembro, sobre nome e apelidos e orde dos mesmos.
- Lei Orgánica 2/2010, de 3 de marzo, de saúde sexual e reprodutiva e da interrución voluntaria do embarazo.
- Lei Orgánica 1/1996, de 15 de xaneiro, de Protección Xurídica do Menor, de modificación parcial do Código Civil e da Lei de Axuizamento Civil.
- Lei 51/2003, de 2 de decembro, de igualdade de oportunidades, non discriminación e accesibilidade universal das persoas con discapacidade.
- Lei 49/2007, de 26 de decembro, pola que se establece o réxime de infracións e sancións en materia de igualdade de oportunidades, non discriminación e accesibilidade universal das persoas con discapacidade.
- Lei 9/2009, de 6 de outubro, de ampliación da duración do permiso de paternidade nos casos de nacemento, adopción ou acollemento. En vigor a partir do 1 de xaneiro de 2012.
- Lei 13/2005, de 1 de xullo, pola que se modifica o Código Civil en materia de dereito a contraer matrimonio.
- Lei 4/2001, de 31 de maio, reguladora da Mediación Familiar.
- Lei 13/2008, de 3 de decembro, de Servizos Sociais de Galicia.
- Real Decreto 295/2009, de 6 de marzo, polo que se regulan as prestacións económicas do sistema da Seguridade Social por maternidade, paternidade, risco durante o embarazo e risco durante a lactancia natural.
- Real Decreto 1615/2009, de 26 de outubro, polo que se regula a concesión e utilización do distintivo "Igualdad en la Empresa".
- Real Decreto 1452/2005, de 2 de decembro, polo que se regula a axuda económica establecida no artigo 27 da Lei Orgánica 1/2004, de 28 de decembro, de medidas de protección integral contra a violencia de xénero.
- Real Decreto 825/2010, de 25 de xuño, de desenvolvemento parcial da Lei Orgánica 2/2010, de 3 de marzo, de saúde sexual e reprodutiva e da interrución voluntaria do embarazo.
- Real Decreto 831/2010, de 25 de xuño, de garantía da calidade asistencial da prestación á interrución voluntaria do embarazo.
- Real Decreto 298/2009, de 6 de marzo, polo que se modifica o Real Decreto 39/1997, de 17 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento dos Servizos de Prevención, en relación coa aplicación de medidas para promover a mellora da seguridade e da saúde no traballo da traballadora embarazada, que dera a luz ou en período de lactancia.
- Real Decreto 253/2006, de 3 de marzo, polo que se establecen as funcións, o réxime de funcionamento e a composición do Observatorio Estatal de Violencia sobre a Muller.
- Real Decreto 199/2006, de 17 de febreiro, polo que se modifica o Regulamento de axudas ás vítimas de delitos violentos e contra a liberdade sexual, aprobado polo Real Decreto 738/1997, de 23 de maio; o Regulamento de execución da Lei 32/1999, de 8 de outubro, de solidaridade coas vítimas de terrorismo, aprobado polo Real Decreto 1912/1999, de 17 de decembro, e o Regulamento de axudas e resarcimentos ás vítimas de delitos de terrorismo, aprobado polo Real Decreto 288/2003, de 7 de marzo.
- Real Decreto 1917/2008, de 21 de novembro, polo que se aproba o programa de inserción sociolaboral para mulleres vítimas de violencia de xénero.
- Orde do 2 de maio de 2006 pola que se regula o programa de fomento da inserción laboral das mulleres vítimas de violencia.
- Orde do 1 de abril de 1997, pola que se regulan os requisitos específicos que deberán reunir os centros de acollida para mulleres vítimas de malos tratos.
- Decreto 159/2003, do 31 de xaneiro, polo que se regula a figura do mediador familiar, o Rexistro de Mediadores Familiares de Galicia e o recoñecemento da mediación gratuíta.
Plans:
Listaxe de estratexias e políticas públicas materializadas en plans de acción a nivel estatal, autonómico e local que establecen directrices e obxectivos sobre igualdade de oportunidades, prevención e sensibilización sobre violencia de xénero...:
- II Plan de Igualdade de Oportunidades entre Mulleres e Homes. Concello de Poio
- Plan Estratéxico de Igualdade de Oportunidades (2008-2011). Goberno de España.
- Protocolo Común para a Actuación Sanitaria ante a Violencia de Xénero. Goberno de España.
- III Plan de Acción para as Persoas con Discapacidade (2009-2012). Goberno de España.
- Plan de Acción para o Desenvolvemento da Poboación Xitana (2010-2012). Goberno de España.
- Plan de Fomento da Corresponsabilidade (en vigor dende 2007). Xunta de Galicia.
- Plan Integral de Apoio ás Familias Galegas (2008-2011). Xunta de Galicia.
- Plan de Acción Integral para as Persoas con Discapacidade (2010-2013). Xunta de Galicia.
- Plan Galego das Persoas Maiores (2010-2013). Xunta de Galicia.
- Plan de Atención Integral á Saúde das Mulleres (2007). Xunta de Galicia.