Que é o CIM


O CIM é o Centro de Información á Muller, de titularidade municipal, no que se promove unha intervención pluridisciplinar e integral desde unha perspectiva de xénero.

Trátase dun servizo de atención ás mulleres que lles proporciona asesoramento xurídico e psicolóxico, información sobre recursos específicos existentes na súa zona, desenvolvemento de actividades (de corresponsabilidade doméstica, formativas vinculadas á empregabilidade feminina...) e calquera outra iniciativa que teña como obxectivo prioritario a promoción da igualdade entre mulleres e homes. Ademais, conta cun programa específico de asesoramento e apoio social a vítimas de violencia de xénero prestado por profesionais especializados para a atención xurídica, psicolóxica e social.

Os principios que rexen o funcionamento dos servizos de información e asesoramento xurídico e psicolóxico son:

  • Gratuidade. As usuarias non teñen que soportar ningún custo.
  • Anonimato. Como garantía de privacidade e confidencialidade.
  • Respecto á vontade das usuarias. Procúranse posibles solucións ás consultas presentadas pero o camiño a seguir depende da decisión das interesadas.



                  |+| Regulamentación de interese ___________________________________

                     >   Regulamento dos Centros de Información ás Mulleres de Galicia
                     >   Regulamento do CIM do Concello de Poio
                  ______________________________________________________________


  

.................................................................


Asesoramento Xurídico

Este servizo préstase, previa cita (agás naqueles casos que polas características que revistan precisen dunha atención inmediata) por unha avogada especializada en xénero.

As consultas xurídicas abranguen as diferentes áreas do dereito:
  1. Dereito de familia: separacións matrimoniais, divorcios, regulación legal do menor, liquidación da sociedade legal de gananciais, unións de feito, modificación de medidas definitivas, solicitude de medidas provisionais previas e execución de resolucións xudiciais.
  2. Dereito penal: agresións, coaccións, falta de pagamento de pensións alimenticias...
  3. Dereito laboral: despedimentos, recoñecemento de pensión por invalidez, extinción de contratos...
  4. Dereito civil: vivenda, tutela e curatela, emancipación, herdanza...
Ademais proporciona outras informacións como poden ser as relativas aos dereitos das mulleres ou á asistencia xurídica gratuíta iniciando ou orientando a xestión das medidas oportunas.



>>>  Horario  <<<

Inverno (do 16 de setembro ao 14 de xuño):  Mañás (de luns a venres) de 8:30 a 14:00. Tardes (só os luns) de 17:00 a 20:30.

Verán (do 15 de xuño ao 15 de setembro): Mañás (de luns a venres) de 8:00 a 14:00.



.................................................................


Atención Psicolóxica

Este servizo préstase tamén previa cita por unha psicóloga experta en intervención familiar e pode consistir en:

  1. Intervencións psicoterapéuticas: individuais, de parella e familiares.
  2. Asistencia e acompañamento psicolóxicos.
  3. Intervencións en situacións de risco.
  4. Realización de valoracións psicolóxicas.
Ademais proporciona outras informacións sobre iniciativas promovidas por outras entidades e Programas de Asistencia Psicolóxica gratuítos ofertados pola Xunta de Galicia para vítimas de violencia de xénero e homes con problemas de conduta.



>>>  Horario  <<<

Inverno (do 16 de setembro ao 14 de xuño):  Mañás (de luns a venres) de 8:00 a 14:00. Tardes (só os mércores) de 17:00 a 20:00.

Verán (do 15 de xuño ao 15 de setembro): Mañás (de luns a venres) de 8:00 a 14:00.




.................................................................


Outros Servizos e Actividades 

  1. Información sobre os recursos dispoñibles en materia de igualdade.
  2. Xestión de subvencións e axudas.
  3. Difusión e sensibilización cidadá sobre a vixencia e aplicación do principio de igualdade entre mulleres e homes.
  4. Información sobre cursos, estudos e xornadas en materia de igualdade de oportunidades.
  5. Realización de conferencias, encontros, xornadas, cursos sobre temas de especial incidencia na consecución do principio de igualdade.
  6. Recepción de denuncias e queixas en materia de discriminación por razón de sexo no ámbito da publicidade e os medios de comunicación e traslado destas ao órgano competente.
  7. Fomento do asociacionismo e da participación das mulleres na sociedade civil.
  8. Integración da perspectiva de xénero en todas as políticas e programas municipais para analizar as súas consecuencias antes de tomar decisións.

.................................................................


Atención específica a mulleres vítimas de violencia de xénero

O Concello de Poio ten un Programa Municipal de Atención Integral a Mulleres Vítimas de Violencia de Xénero para a xestión urxente e coordinada dos casos de violencia.

Este programa inclúe un Protocolo de actuación cos servizos policiais, sociais, psicolóxicos, xudiciais e sanitarios que unifica e coordina os criterios de actuación profesional para facer fronte á situación de vulnerabilidade e desprotección das vítimas. A atención personalizada e organizada facilita a valoración de cada caso e a resposta inmediata cos recursos existentes na Comunidade Autónoma que fosen oportunos (procura de casa de acollida, acceso a prestacións e medidas de apoio social...).

Servizo Telefónico de Atención e Protección a Vítimas de Violencia de Xénero

O servizo de teleasistencia móbil proporciona protección e atención inmediata ás 24 horas do día, os 365 días do ano a vítimas de violencia de xénero mediante a utilización de tecnoloxías de telefonía móbil (comunicacións e chamadas de emerxencia) e telelocalización (localización xeográfica).

A xestión da solicitude para unha posible usuaria realízaa o CIM seguindo os criterios do protocolo de actuación deseñado pola Delegación do Goberno para a Violencia de Xénero:


Ler máis...