Mostrando entradas con la etiqueta 8M. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta 8M. Mostrar todas las entradas

ACTIVIDADES 1º TRIMESTRE DE 2013

31 ene 2013
O Obradoriro de Coctelería que se anuncia é unha das diferentes actividades que o CIM de Poio, xunto coa Concellería de Igualdade, van organizar ao longo do primeiro trimestre de 2013. En breve colgaranse o resto das actividades: Cociña para Homes, Horticultura, etc....
 
Asemade, xa se puxeron en marcha algunhas das actividades que se van celebrar co gallo do 8 de Marzo "Día Internacional da Muller" como o I CONCURSO DE CURTAS POLA IGUALDADE  e o CONCURSO DE REDACCIÓNS "FÁLANOS DA TÚA AVOA".
 
Ler máis...

8 de Marzo: Día Internacional da Muller

8 mar 2012



A crise económica que estamos a vivir e a falta de alternativas xustas e sociais golpea de maneira especial ás mulleres. A feminización da pobreza é xa un feito na nosa sociedade facendo desaparecer avances acadados en decenios de esforzos de acción positiva.

O paro feminino medra por riba do masculino así como o número de mulleres inactivas que desisten de buscar emprego. A nova precarización do mercado laboral e o recorte nas pensións afectará máis negativamente ás mulleres, que son maioría nos traballos a tempo parcial e na economía somerxida, cun promedio de menos anos de cotización e tamén son maioría como perceptoras de pensións non contributivas. Os recortes de servizos sociais e de atención á dependencia forzan a máis mulleres a asumir de novo o papel de coidadoras non retribuídas. Todos eles son pasos atrás na procura da independencia económica imprescindíbel para rachar a situación de convivencia de parella violentas.

Ante este deterioro das condicións de vida das mulleres galegas, teríanse que fortalecer as políticas de igualdade e reditributivas e convertelas en axentes activos na procura dos dereitos da cidadanía.

Somos mulleres e temos dereitos conqueridos á base da loita de moitos anos polas organizacións feministas entre eles a despenalización do aborto, o recoñecemento dos Plans de Igualdade do ámbito laboral, nas administracións públicas e na nosa propia identidade que implica utilizar unha linguaxe que nos nomee e que non nos simplifique usando como excusa a economía da linguaxe. Queremos lembrar que a linguaxe está viva e que como tal ten que evolucionar.

A educación en igualdade podería evitar situacións de violencia en todos os ámbitos: familiar, laboral, social, económico e institucional e empoderaría ás xeracións futuras, garantía dunha sociedade en igualdade.

Dende o Concello de Poio e o Centro de Información á Muller asumimos o noso compromiso persoal e profesional de seguir loitanto a prol da igualdade".

Manifesto do Día Internacional da Muller
Concello de Poio, 8 de marzo de 2012



Ler máis...