Recursos

Co fin de garantir que todas as mulleres teñan acceso de xeito efectivo á información e que esta chegue ao maior número de persoas posible, o CIM pon a disposición da cidadanía recursos sobre igualdade dun modo sinxelo, efectivo e cómodo. 

Tendo en conta que a efectividade dos dereitos e o seu pleno exercicio non son posibles se as e os seus titulares descoñecen a súa existencia ou a forma de exercitalos, nesta sección incluímos todo tipo de informacións de interese en materia de igualdade de oportunidades (axudas, prestacións...) a través de ligazóns as súas normativas e documentos.

Ademais, o CIM conta cun servizo de asesoramento en materia de igualdade ao que podes dirixirte para realizar consultas, expor as túas denuncias, xestionar axudas e subvencións ou informarte sobre dereitos e prestacións.



Axudas e subvencións:

Específicas (igualdade, conciliación, muller, inserción laboral e emprendemento feminino):

  1. Axudas económicas destinadas a fomentar o asociacionismo e a participación das mulleres. Xunta de Galicia. Entidades beneficiarias: Asociacións de mulleres e federacións constituídas por estas domiciliadas en Galicia. Convocatoria 2011: finalizou o prazo o 30 de xuño.
  2. Subvencións destinadas á realización de investigacións relacionadas cos estudos das mulleres e de xénero (Convocatoria) - (Bases reguladoras - Modificación Bases). Goberno de España. Entidades beneficiarias: Universidades públicas e privadas e outras entidades privadas sen ánimo de lucro coa finalidade investigadora legal ou estatutaria. Convocatoria 2011: finalizou o prazo o 29 de xuño.
  3. Axudas en materia de traballo en igualdade das mulleres de Galicia (implantación de plans de igualdade, eliminación da infrarrepresentación feminina nos eidos laborais ocupados predominantemente por homes e investimentos en servizos para garantir  e mellorar o dereito á conciliación da vida familiar e laboral). Xunta de Galicia. Entidades beneficiarias: Pequenas e medianas empresas. Convocatoria 2011: finalizou o prazo o 27 de xuño.
  4. Axudas para a realización de programas de actividades complementarias e extraescolares que teñan como fin facilitar a conciliación da vida familiar e laboral. Xunta de Galicia. Entidades beneficiarias: Asociacións de nais e pais do alumnado dos centros educativos de Galicia sostidos con fondos públicos. Convocatoria 2011: finalizou o prazo o 24 de xuño.
  5. Subvencións para a realización de posgraos oficiais de igualdade entre mulleres e homes, accións complementarias á investigación no ámbito universitario e actividades das unidades de igualdade das universidades (Convocatoria) - (Bases reguladoras - Modificación Bases). Goberno de España. Entidades beneficiarias:  Universidades que presentaran un proxecto ao Programa Campus de Excelencia Internacional do Ministerio de Educación nas convocatorias de 2011, 2010 ou 2009. Convocatoria 2011: finalizou o prazo o 24 de xuño.
  6. Subvencións para o fomento da igualdade de oportunidades entre mulleres e homes, destinadas á promoción da creación, produción e difusión artística. Goberno de España. Persoas beneficiarias: persoas físicas ou xurídicas privadas, agrupacións de persoas físicas sen personalidade xurídica, asociacións sen ánimo de lucro e ONGs que desenvolvan programas ou actuacións de ámbito estatal. Convocatoria 2011: finalizou o prazo o 24 de xuño.
  7. Axudas para programas para mulleres e recursos integrais para xestantes e lactantes. Xunta de Galicia. Entidades beneficiarias: Entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro. Convocatoria 2012: finalizou o prazo o 25 de febreiro.
  8. Axudas á pequena e mediana empresa e outras entidades para a elaboración e implantación de plans de igualdade. Goberno de España. Entidades beneficiarias: Pequenas e medianas empresas e entidades de entre 30 e 250 traballadoras/es. Convocatoria 2011: finalizou o prazo o 20 de xuño.
  9. Axudas á conciliación da vida familiar e laboral como medida de fomento da corresponsabilidade para os traballadores que se acollan á redución da súa xornada de traballo. Xunta de Galicia. Persoas beneficiarias: Homes e familias monoparentais. Convocatoria 2011: finalizou o prazo o 18 de xuño.
  10. Axudas e subvencións para a promoción da igualdade: programas de promoción da igualdade entre mulleres e homes, de prevención e tratamento integral da violencia de xénero, de fomento da conciliación e de apoio aos Centros de Información ás Mulleres (CIM). Xunta de Galicia. Entidades beneficiarias: Entidades locais. Convocatoria 2012: finalizou o prazo o 11 de febreiro.
  11. Estadías de tempo libre para mulleres soas con responsabilidades familiares non compartidas. Xunta de Galicia. Persoas beneficiarias: Mulleres con fillas/os a cargo, exclusivamente, de idades entre os 2 e os 12 anos (ambalas dúas inclusive). Convocatoria 2011: finalizou o prazo o 12 de abril.
  12. Axudas e subvencións para o apoio á execución de programas sobre igualdade no ámbito universitario e dos organismos públicos de investigación. Xunta de Galicia. Entidades beneficiarias: Universidades públicas do Sistema Universitario de Galicia e organismos públicos de investigación, constituidos por entes de dereito público da Comunidade Autónoma. Convocatoria 2011: finalizou o prazo o 24 de febreiro.
  13. Subvencións para o apoio ao emprendemento feminino (Programa Emega). Xunta de Galicia. Persoas beneficiarias: Mulleres emprendedoras e empresarias. Convocatoria 2011: finalizou o prazo o 18 de febreiro.

Outras axudas e programas de interese:

  1. Axudas económicas para a atención da primeira infancia a través do CHEQUE INFANTIL en escolas infantís 0-3 non sostidas con fondos públicos. Xunta de Galicia. Persoas beneficiarias: Persoas con fillas ou fillos de até 3 anos de idade. Convocatoria 2011: finalizou o prazo o 22 de agosto.
  2. Adxudicación de prazas nas escolas infantís 0-3 dependentes da Consellería de Traballo e Benestar para o curso 2011/2012. Persoas beneficiarias: Persoas con fillas ou fillos menores de 3 meses até 3 anos de idade. Convocatoria 2011: finalizou o prazo o 31 de marzo.
  3. Prestación económica de pagamento único por fillas e fillos menores de 3 anos. Xunta de Galicia. Persoas beneficiarias: Persoas con fillas ou fillos menores a cargo de até 3 anos de idade. Convocatoria 2012: Aberto, o prazo finaliza o 26 de marzo.
  4. Axudas para que as/es mariscadoras/es a pé poidan completar os períodos mínimos de cotización ao réxime especial das/dos traballadoras/es do mar co obxecto de alcanzar a pensión de xubilación. Xunta de Galicia. Persoas beneficiarias: Mariscadoras/es que cumpran 65 anos co permiso de explotación (PERMEX) en vigor. Convocatoria 2011: finalizou o prazo o 30 de novembro.
  5. Programa de incentivos para promover a afiliación á Seguridade Social das persoas cotitulares ou titulares de explotacións agrarias. Xunta de Galicia. Persoas beneficiarias: Persoas dedicadas ou incorporadas á actividade agraria pertencentes á colectivos específicos, especialmente mulleres. Convocatoria 2011: finalizou o prazo o 30 de setembro.
  6. Programa para a promoción do emprego autónomo (Subvención polo establecemento como traballador ou traballadora autónoma ou por conta propia. Subvención financieira. Subvención para asistencia técnica. Subvención para formación. Axuda excepcional. Subvención pola primeira contratatación indefinida). Xunta de Galicia. Persoas beneficiarias: Persoas desempregadas que queiran constituirse como traballadoras/es autónomas/os ou xa constituidas/os (colectivos específicos de atención: mulleres desempregadas, mulleres procedentes de casas de acollida que presenten problemas adicionais de inserción ou reinserción laboral...). Convocatoria 2012: Aberto. Prazo xeral: finaliza o 30 de setembro de 2012. Prazos específicos en función dos tipos de axuda: un mes dende a data do suposto causante.
  7. Axudas e subvencións ás empresas cualificadas como iniciativas locais de emprego (ILES). Xunta de Galicia. Entidades beneficiarias: Empresas cualificadas como iniciativa local de emprego  que, entre outras accións, xeren emprego estable para persoas desempregadas (colectivos específicos de atención: mulleres desempregadas, mulleres procedentes de casas de acollida que presenten problemas adicionais de inserción ou reinserción laboral...). Convocatoria 2011: O prazo finalizou o 27 de xuño.

Guías:

  1. Guía de axudas sociais ás familias 2011. Goberno de España.
  2. Guía de recursos para as familias 2011. Xunta de Galicia.



Violencia de xénero:

Ademais dos recursos específicos de atención, urxencia, apoio e protección destinados ás vítimas de violencia de xénero, existen dereitos que lles recoñece a lei e outras medidas e programas orientados a garantir a súa recuperación integral tendo en conta as súas especiais circunstancias persoais e sociais.

 Axudas e programas:

  1. Axudas periódicas de apoio a mulleres que sofren violencia de xénero (Salario da Liberdade). Xunta de Galicia. Persoas beneficiarias: mulleres vítimas de violencia de xénero. Convocatoria 2011: finalizou o prazo o 31 de outubro.
  2. Axudas e indemnizacións para mulleres vítimas de violencia de xénero (artigo 27º da Lei orgánica 1/2004, do 28 de decembro, de medidas de protección integral contra a violencia de xénero, e  artigo 43º da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero). Xunta de Galicia. Persoas beneficiarias: mulleres vítimas de violencia de xénero. Convocatoria 2011: O prazo da axuda do artigo 27 da L.O. 1/2004 finalizou o 30 de novembro e o da axuda do artigo 43 da L. 11/2007 o 31 de outubro.
  3. Axudas públicas en materia de vivenda - Plan de Vivenda 2009-2012 (mulleres vítimas de violencia de xénero: adquirir ou promover unha vivenda para uso propio: vivendas usadas, protexidas polo Estado e de protección autonómica). Xunta de Galicia - Goberno de España. Persoas beneficiarias: Mulleres vítimas de violencia de xénero. Aberto, sen prazo de solicitude.
  4. Axudas e subvencións para o fomento do emprego a través dos programas de cooperación no ámbito de colaboración coas entidades locais (contratación de mulleres vítimas de violencia de xénero). Xunta de Galicia. Entidades beneficiarias: Entidades locais e entidades públicas dependentes ou vinculadas á administración local. Convocatoria 2011: o prazo finalizou o 15 de novembro.
  5. Axudas e subvencións para o fomento do emprego a través dos programas de cooperación no ámbito de colaboración cos órganos e organismos das administracións públicas distintas da local, universidades e entidades sen ánimo de lucro (contratación de mulleres vítimas de violencia de xénero). Xunta de Galicia. Entidades beneficiarias: Entidades sen ánimo de lucro e organismos autónomos, empresas públicas e outros entes públicos do Estado, organismos autónomos, entes de dereito público, sociedades mercantís, fundacións públicas, universidades e outros entes públicos da Comunidade Autónoma de Galicia. Convocatoria 2011: o prazo finalizou o 15 de novembro.
  6. Programa de Renta Activa de Inserción (RAI) para desempregados con especiais necesidades económicas e dificultade para encontrar emprego (vítimas de violencia de xénero ou doméstica en situación de desemprego). Anexo I: Tríptico Informativo 2011. Anexo II: Díptico Informativo Ampliado 2011. Anexo III: Máis información. Goberno de España - Xunta de Galicia. Aberto, sen prazo de solicitude. 
  7. Programa de incentivos ás empresas de inserción laboral (EIL) para promover a inserción sociolaboral das persoas en situación ou en risco de exclusión social (mulleres vítimas de violencia de xénero con especiais dificultades de integración laboral). Xunta de Galicia. Entidades beneficiarias: Empresas de Inserción Laboral. Convocatoria 2011: finalizou o prazo o 30 de setembro.
  8. Programa de incentivos á contratación das persoas traballadoras (vítimas de violencia de xénero en situación de desemprego, mulleres procedentes de casas de acollida que presenten problemas adicionais de inserción ou reinserción laboral...). Xunta de Galicia. Entidades beneficiarias: Empresas. Convocatoria 2011: finalizou o prazo o 30 de setembro.
  9. Programa de fomento da inserción laboral das mulleres vítimas de violencia. Xunta de Galicia. Persoas beneficiarias: Mulleres vítimas de violencia de xénero. Aberto, sen prazo de solicitude.
  10. Programa de Inserción Sociolaboral para mulleres vítimas de violencia de xénero. Goberno de España. Persoas beneficiarias: Mulleres vítimas de violencia de xénero. Aberto, prazos específicos de solicitude en función da forma de acreditación da condición de vítima de violencia de xénero.
  11. Subvencións para o desenvolvemento de programas que contribúan a fomentar a inclusión social e a integración no mercado de traballo das persoas en situación ou risco de exclusión social. Xunta de Galicia. Entidades beneficiarias: Entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro. Convocatoria 2011: finalizou o prazo o  2 de marzo.
  12.  
    Dereitos e recursos: 
      1. Guía dos DEREITOS das mulleres vítimas de violencia de xénero. Goberno de España.
      2. DEREITOS Laborais, de Seguridade Social e axudas para fomentar o emprego das vítimas de violencia de xénero. Goberno de España.
      3. Guía Sindical: DEREITOS laborais e de Seguridade Social das vítimas de violencia de xénero. CC.OO.
      4. Guía de PRESTACIÓNS POR DESEMPREGO para vítimas de violencia de xénero ou violencia doméstica. Servizo Público de Emprego Estatal (SEPE).
      5. Información sobre CONTRATOS BONIFICADOS para vítimas de violencia de xénero ou violencia doméstica. Servizo Público de Emprego Estatal (SEPE). 
      6. DIRECTORIO -Guía de RECURSOS para mulleres que sofren violencia de xénero. Xunta de Galicia.
      7. DIRECTORIO- Guía de RECURSOS fronte a violencia de xénero para a poboación inmigrante. Xunta de Galicia.




      Ler máis...