Hoxe co gallo da conmemoración do 8 de marzo, Día Internacional das Mulleres dende o CIM e a Concellería de Igualdade demos lectura dun manifesto diante da Casa Consistorial
MANIFESTO
DÍA INTERNACIONAL DA MULLER- MARZO 2015
Chegou
o 8 de marzo, podría ser un día mais de calquera outro ano, pero
non, conmeroramos o Día Internacional da Muller, data para
homenaxear ás nosas predecesoras, a todas esas valentes que abriron
camiño para alcanzar os pequenos logros que actualmente temos as
mulleres do século XXI -que grandes-. É preciso alimentar a memoria
colectiva e reinvindicar as loitas de aquelas pioneiras que deron as
súas vidas a cambio dos nosos dereitos, que foron queimadas vivas,
transgredidas, encarceladas, torturadas,.... mais tamén para
concienciar a mocidade, que por desgraza, a loita continua.
A
situación de desigualdade que viven as mulleres galegas viuse
acentuada co aumento da precariedade laboral desde comezos desta
crise, sen a implantación de políticas efectivas que puidesen frear
o crecemento da fenda que sitúa as mulleres á marxe e que lles
deixa cada vez máis as portas abertas ao desemprego, ao emprego
precario ou á emigración. Os datos sobre o desemprego e as
lamentábes condicións dos traballos que desempeñan as mulleres na
Galiza a día de hoxe, así como o elevadísimo número, sobre todo
de mozas, que se viron obrigadas a abandonaren o noso país na
procura dun futuro mellor (case 60,000 mozas galegas tiveron que
emigrar) , reflicten que a situación das mulleres no noso país vén
empeorando de forma alarmante nos últimos anos.
A
pesar de escoitarmos insistentemente o discurso da igualdade
conseguida, a realidade reflicte que a fenda salarial continúa
ampliándose e as mulleres son as principais afectadas cando nos
referimos ás persoas que se atopan en risco ou situación de
exclusión social. En Galiza elas perciben o soldo mais baixo no
conxunto do estado español e traballan 80 días mais para percibiren
o mesmo salario. Asemade, o desigual reparto de responsabilidades á
hora de asumir as tarefas domésticas supón que a maternidade sexa
un factor de penalización sobre o emprego das mulleres, de feito as
excedencias para o coidado de menores e familiares dependentes son
solicitadas en mais do 95% dos casos polas mulleres.
A
desaparición das políticas de igualdade, os recortes orzamentarios
e no estado de benestar, as reformas laborais e ideolóxicas do
goberno estatal contra as mulleres e a inactividade do goberno
galego, incumprindo a Lei
2/2007, do 28 de marzo, do traballo en igualdade das mulleres
de Galiza, coa que se comprometía a creación dun Plan de Emprego
feminino, supoñen un retroceso importante nos nosos dereitos.
Sen
políticas activas e positivas que reduzan a desigualdade, sen
coeducación, sen sonodidade, sen implicación social e
institucional,
todos os días do ano seguirán sendo 8 de marzo.
CAMPAÑA "DE MULLER A MULLER" co gallo do 8 de marzo, Día Internacional das Mulleres.
O Centro de Información a Muller da Concellaría de Benestar do Concello de Poio no marco do Día Internacional da Muller que se celebra o 8 de marzo, organiza por primeira vez neste ano 2015 a campaña De Muller a Muller.
O obxectivo da campaña é poñer en valor o traballo das mulleres do concello a través dun programa de recoñecemento público.
As mulleres foron seleccionadas entre outros valores, por ser pioneiras e exercer o liderazgo no seu campo de traballo prioritariamente masculino, por ser mulleres loitadoras e con instinto de superación ou polo seu adicación e servizo as demáis mulleres.
As mulleres seleccionadas son:
- Margariña Valderrama Curras: primeira muller concelleira en Poio no período de democracia.
- Asunción Díaz Pereira: exemplo de muller traballadora e de instinto de superación persoal.
- Begoña Lorenzo Lourido: matrona no centro de saúde do concello dende hai 30 anos.
- Noemí Blas Prieto: muller pioneira no deporte das carreiras de coches, presidenta dunha escudería e líder nun mundo primordialmente masculino.
- María Curra Ortíz: muller pioneira no marisqueo a flote, unha actividade só exercida por homes.
Os actos que recolle esta campaña son:
Por
outra banda, o luns 9 de marzo ás 12h terá lugar un parón diante
do Concello e a lectura do manifesto reinvindicativo a cargo da
Concelleira de Igualdade.
Ler máis...
Suscribirse a:
Entradas (Atom)