Hoxe é 19 de outubro. O 19 de outubro é o Día Mundial contra o Cancro de Mama, unha enfermidade que padecen cada ano moitas mulleres. A detección temperá é clave. Unha de cada 8 mulleres desenvolverá cancro de mama ao longo da súa vida.
A incidencia da enfermidade aumenta cada ano en España en torno ao 2%, uns 16.000 novos casos. En Galicia a tendencia é similar á do resto de España e non hai factores distintos en canto á súa orixe. Segundo os datos expostos no VIII Simposio Internacional do Grupo Español de Investigación en Cancro de Mama (GEICAM) celebrado en Santiago de Compostela en abril de 2011, cada ano diagnostícanse en Galicia uns 1.000 novos casos de cancro de mama.
No Plan de Prioridades Sanitarias –PPS- de Galicia (2011-2013) o cancro de mama feminino ocupa o oitavo lugar en puntuación tras a ponderación. Esta puntuación é debida sobre todo aos seguintes apartados:

- Ocupa o terceiro lugar entre as causas de mortalidade das mulleres en Galicia.
- Ocupa o oitavo lugar como patoloxía que ocasiona máis anos de esperanza de vida perdidos.
- E un obxectivo estratéxico para o Servizo Nacional de Saúde.
Con todo, grazas á detección precoz e aos avances terapéuticos as taxas de mortalidade están a diminuír. A media de supervivencia sitúase entre o 80% e 85% e increméntase de maneira significativa cando o cancro é diagnosticado nos estadios máis iniciais, situándose por encima do 90%. Ademais, nestes casos aplícanse tratamentos menos agresivos que deixan menos secuelas físicas e psíquicas na muller.
As autoridades sanitarias destacan, neste senso, os avances e melloras na detección dos posibles casos pola introdución de programas poboacionais de cribado que acadan en España unha cobertura do 90% da poboación de risco. En Galicia, dende que en 1992 se puxo en marcha o Programa Galego de Detección Precoz do Cancro de Mama, realizáronse 1,3 millóns de exploracións. De media o 75% das mulleres galegas citadas para o programa acoden a realizarse mamografías. No ano 2010, a participación rexistrada foi dun 80%. En Pontevedra (provincia) este último ano o programa permitiu detectar 99 casos dos 196 remitidos á unidade de diagnóstico e tratamento.
En todo isto a concienciación xoga un papel moi importante. A implicación social e os adiantos científicos, tecnolóxicos e médicos permitiron, nestes anos, non só unha maior taxa de supervivencia, senón tamén a mellora na calidade de vida das pacientes. A inclusión da enfermidade como causa de discriminación a previr no texto do anteproxecto da lei integral para a igualdade de trato e a non discriminación e un destes avances. No seu ámbito de amplicación xunto ao seis motivos de discriminación recollidos na normativa estatal e comunitaria (sexo, orixe racial ou étnica, discapacidade, idade, relixión ou crenzas e orientación sexual), incorpóranse expresamente tres novos motivos: enfermidade, identidade sexual e lingua.

"A enfermidade non poderá amparar diferenzas de trato distintas das que deriven do propio proceso de tratamento da mesma, das limitacións obxectivas que impoña para o exercicio de determinadas actividades ou das esixidas por razóns de saúde pública".
PARA SABER MÁIS....
- Documento informativo do Programa Galego de detección precoz do cancro de mama (PGDPCM).
- Publicación do Servizo Galego de Saúde (SERGAS): Resultados 1992-2008 do PGDPCM.
- Máis información na páxina web do SERGAS: Enquisas, actuacións por Concellos...
No hay comentarios:
Publicar un comentario