A habitante do planeta número 7.000 millóns naceu o 31 de outubro de 2011, é muller e veu ao mundo en Manila, Filipinas, entre celebracións e fotografías. O seu alumeamento próducese nun contexto no que as mulleres asumen o 66 % da carga laboral do planeta, pero o seu esforzo tradúcese na obtención de só o 10 % dos beneficios que xera ese traballo.
A OIT e a ONU aproveitaron estes días para salientar o “inmenso desperdicio do potencial produtivo das mulleres”. A desigualdade de xénero, segundo advirte o Informe sobre o estado da Poboación Mundial que cada ano elabora o Fondo de Poboación das Nacións Unidas (UNFPA), lastra social e económicamente ao planeta. A humanidade está feita en torno ao 51% de mulleres. Suporíase que a metade de todo perténcelles ou, proporcionalmente, máis da metade. Pero non é así. De todas as propiedades que existen no mundo, só o 1 % perténcenlles ás mulleres, e non hai máis que mirar a súa exigua presenza nos postos de mando dos diferentes países (19%) para darse conta de como esa desigualdade as afasta das decisións máis importantes.
E preocupante que nin sequera as novas xeracións logran eludir esta tendencia ancestral. O informe da ONU incide en que «as taxas de participación na forza laboral son menores para as mulleres novas que para os homes en todas as rexións, excepto en Asia oriental, o que reflicte a falta de oportunidades que teñen para combinar as responsabilidades do traballo e da familia. E non soamente no mundo en desenvolvemento, senón tamén no industrializado».
Mesmo nas mellores circunstancias económicas, as mulleres polo xeral teñen máis dificultades para atopar traballo que os homes. Cando realmente atopan un emprego, a miúdo a remuneración é menor e ese emprego ten moitas posibilidades de estar situado na economía paralela, sumerxida ou non estruturada (informal), onde non hai ningunha seguridade laboral nin prestacións sociais.
«A persistente desigualdade entre os xéneros redunda en que as mulleres e os/as nenos/as son, dun modo desproporcionado, vítimas da pobreza, a inseguridade alimentaria e a enfermidade», asegura o texto. O empoderamiento da muller non é simplemente un fin en sí mesmo, senón tamén unha medida para eliminar a pobreza. Nos países máis pobres, a extrema pobreza, a inseguridade alimentaria, a desigualdade, as altas taxas de mortalidade e as altas taxas de natalidade forman parte dun círculo vicioso. É posible crebar o devandito círculo vicioso mediante investimentos en saúde e educación, especialmente en beneficio das mulleres e as nenas.
A igualdade entre homes e mulleres é un dereito humano e un dos oito Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio. Os investimentos na igualdade entre homes e mulleres poden mellorar as vidas tanto dos homes como das mulleres, e arroxar beneficios duradeiros para as próximas xeracións.
Para saber máis:
Pincha aquí para acceder á web do UNFPA. O UNFPA é un organismo internacional de desenvolvemento que leva máis de 30 anos á vangarda das accións a nivel mundial para que se preste maior atención ás cuestións de xénero, promovendo reformas xurídicas e normativas, recompilando datos diferenciados por xénero e apoiando proxectos que amplíen os medios de acción económicos da muller.
Pincha aquí para acceder ao Informe sobre o estado da Poboación Mundial 2011 (UNFPA). O informe de carácter anual elaborado polo Fondo de Poboación das Nacións Unidas recolle, entre outros datos, indicadores por países en diversas areas: saúde (maternal e neonatal, sexual e reprodutiva), educación... Reportaxes locais (Mozambique, Finlandia, Etiopía...) e recompilación de bibliografía.
No hay comentarios:
Publicar un comentario