I CONCURSO DE CURTAS POLA IGUALDADE PARA O 8 DE MARZO DO 2013, DIA INTERNACIONAL DA MULLER
O vindeiro 8 de marzo celebrarase o Día Internacional da muller. Por este motivo o Concello de Poio a través da Concellería de Igualdade e o Centro de Información á Muller convoca un concurso de cortometraxes.
O obxectivo do certame é a sensibilización sobre a consecución da igualdade entre homes e mulleres e a visibilización das loitas das mulleres ao longo da historia para conquerir a igualdade.
BASES DO CONCURSO
1.-Poderán concorrer todas aquelas persoas que o desexen e nas súas obras se trate calqueira temática social relacionada côa discriminación da Muller e a súa loita póla igualdade efectiva e real; coeducación, roles históricos, participación das mulleres na vida social, conciliación da vida laboral e familiar; políticas de igualdade; teitos de cristal; invisibilidade;discriminación laboral e salarial, etc.
Neste concurso poderán participar tanto persoas físicas como xurídicas, e poderán presentar, cada unha delas, cantas obras desexen, coa condición indispensable de que sexan inéditas.
2.-O xénero será de libre elección, admitiránse todos os xéneros creativos audiovisuais nos que o/a autor/a decidira expresarse: animación, ficción, documental, dramático, etc. Aceptaránse todalas técnicas nas que se realizaran (imaxe real, animación, infografía. A duración da curtometraxe non poderá sobrepasar ós 20 minutos (títulos de crédito incluidos).
3.-As curtometraxes entregaránse en soporte dixital DVD independentemente de cómo se haxan creado. Na carátula do DVD virá indicado o título da obra, e a duración. Dentro dun sobre lacrado que acompañará o DVD especificaranse os datos de contacto da/o autor/a/res/ras (nome, apelidos, dirección, NIF, teléfono e mail, sinopse, duración da curtametraxe, ficha técnica e artística). O sobre de envío haberá de dirixirse ó Centro de Información á Muller de Poio, "Curtas pola Igualdade".
4.-As curtametraxes presentaránse no Centro de Información á Muller do Concello de Poio: Avda. Domingo Fontán nº 4, C.P.: 36005, A Barca, San Salvador de Poio. O prazo de entrega rematará o 28 de febreiro de 2013.
5.-Cando os traballos se presenten persoalmente, facilitarase un recibo que se poderá cambiar no seu día polo traballo presentado. Os que reciban facturados serán devoltos ao seu/ a súa autor/autora, si así o solicitan, unha vez rematado o prazo dun mes dende o 8 de marzo. Os gastos de envío e devolución serán por conta dos e das concursantes.
Transcorrido o prazo de 30 días naturais, contados dende 8 de marzo, sen que os autores ou autoras dos traballos non premiados os recollesen, entenderase que renuncian a istos. Entón, o Concello de Poio poderá dispor libremente deles, sen recoñecer dereitos de reclamación ou indemnización de ningunha clase.
6.-Establécese para este concurso dous premios en dúas categorías e un accésit para cada unha delas:
- Primer premio dotado cun cheque por valor de 300 euros, para traballos presentados por persoas maiores de idade.
- Segundo premio dotado cun cheque por valor de 100 euros, a canxear nalgún dos establecementos de Poio cos que se chegue a acordo, para traballos presentados por persoas de entre 13 e 18 anos de idade.
O premio estará suxeito á normativa fiscal e poderá ser declarado deserto polo xurado do concurso.
7.-O xurado terá a seguinte composición:
- PRESIDENTE/A: Concelleiro/a da área de Cultura do Concello de Poio.
- VOCAIS: 3 persoas, 2 relacionadas co mundo das artes e da comunicación audiovisual e a Concelleira de Igualdade e Benestar social do concello de Poio.
- SECRETARIA: a Directora do CIM.
O Criterio do xurado será o de manter o necesario equilibrio entre os contidos relacionados coa igualdade da muller e a calidade cinematográfica da obra. O xurado poderá declarar o concurso deserto, se o estima oportuno.
8.-A comunicación dos/as seleccionados farase persoalmente unha vez coñecido o fallo do xurado.
9.-Os premios entregaránse o venres 8 de marzo de 2013, ás 20.30 horas no Casal de Ferreirós, nun acto no que se visualizarán as curtametraxes premiadas.
10.-Os/as participantes declaran, no seu caso, haber obtido a autorización expresa das terceiras persoas cuias imaxes foran utilizadas nos traballos presentados para a súa publicación e dacordo coas leis vixentes. No caso de que algún/ha terceiro/a reclamara dereitos de imaxe, dereitos de autor/a o a vulneración de calquera outro dereito de propiedade intelectual, industrial o calqueira outro dun terceiro, o Concello de Poio quedará exonerado de toda responsabilidade. Os/as concursantes responsabilizanse de que as curtametraxes non estean sometidos a ningunha reclamación legal.
11.-As curtas gañadoras quedarán en propiedade do Concello de Poio; ademais, o autor ou autora cederalle ao Concello, en exclusiva e irrevocablemente, o dereito da obra, para a súa edición ou reprodución, total ou parcialmente, en calquera modalidade, tamaño ou soporte, así como a utilización da obra para a súa promoción publicitaria. Poderáse realizar as correspondentes modificacións ou transformacións para a súa adaptación a soportes, técnicos ou tamaños necesarios.
12.-O concello de poio reservase o dereito de modificar calqueira punto destas bases si as circunstancias o requiren, delo faráse a publicidade oportuna.
13.-A participación neste concurso supón a aceptación de todas e cada unha das súas bases. A decisión do xurado é inapelable.
*Máis información: CENTRO DE INFORMACIÓN ÁS MULLERES DO CONCELLO DE POIO
Teléfono: 986.87.42.38.
No hay comentarios:
Publicar un comentario