MANIFESTO
POLO DÍA 25 DE NOVEMBRO, DÍA DA NON VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES
A
violencia machista é unha realidade que golpea día tras día as
mulleres deste país, constituíndo a
manifestación máis terríbel da desigualdade entre homes e mulleres
que persiste actualmente na nosa sociedade.
As
conclusións que se desprenden dos informes anuais
de seguimento da lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a
prevención e o tratamento integral da violencia de xénero,
emitidos pola
Secretaría Xeral de Igualdade nos dous últimos anos, deixan uns
datos demoledores e indican que as medidas implementadas pola Xunta
de Galiza son claramente insuficientes.
É
un feito incontestábel que non podemos continuar a contar o número
de mulleres asasinadas e os numerosos casos de agresións tanto
físicas como psicolóxicas como meros datos estadísticos, sen
tomar medidas urxentes que impliquen, non só as administracións
públicas senon tamén ao conxunto da cidadanía e lle traslademos ás
mulleres un verdadeiro apoio e a garantía de que outra forma de
vida, sen violencia, é posible.
Para
as mulleres e as organizacións que loitamos contra a violencia
machista
sorprendemos ver como os gobernos galego e estatal non analicen as
necesidades das mulleres que sofren violencia de xénero, miran para
outro lado e non poñen enriba da mesa as medidas necesarias para que
as vítimas se sintan apoiadas e poidan rachar coa seu agresor. Os
recortes en materia de prestacións económicas, o paro, o pago das
taxas e a dilatación nos trámites xudicias, as presións sociais e
familiares, que seguen a existir nesta sociedade amplamente machista,
onde se segue castigando as mulleres pola mera condición de xénero,
compre lembrar que os grandes directivos son homes, e porque se sigue
enxuizando as vítimas polo triste feito de selo, supoñen un
obstáculo moi importante para denunciar e comenzar de novo.
Declaracións
humillantes e vexatorias que diferentes cargos institucionais
realizan de maneira impune, o feito de que ano tras ano as
administracións non sexan capaces de frear a violencia contra as
mulleres e de crear conciencia na sociedade para facer efectiva a
prevención e/ou a resposta inmediata, contribuen
a crear un clima de indefensión e de inseguranza que nada axuda a
crear a conciencia necesaria de que a violencia machista só pode
merecer tolerancia cero desde institucións e organizacións
políticas e, tristemente, demostra que o compromiso coa loita
contra o machismo segue sen ser unha prioridade política absoluta.
É
responsabilidade do conxunto da cidadanía e, en particular, das
persoas que temos responsabilidades políticas, garantir o
cumprimento das leis, protexer as vítimas da violencia machista e
as/aos menores ao seu cargo, traballar para que a comunidade
educativa eduque verdadeiramente en igualdade e denunciar todas e
cada unha das agresións que as mulleres sofren no día a día.
Co
obxectivo de exercer este compromiso día a día, queremos demandar
das administracións:
- o urxente desenvolvemento lexislativo da Lei galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero, que regula o chamado “salario da liberdade”: establecendo baremos de renda semellantes aos establecidos noutras convocatorias, eliminar a incompatibilidade do cobro desta axuda no caso de se beneficiar con anterioridade dela, garantir que o prazo de solicitude este aberto todo o ano e non dependa dunha convocatoria anual, que se resolvan os expedientes nun prazo de 30 días, cobrar a prestacións durante 18 meses, prorrogábeis, .....
- Apoiar o asociacionismo que traballa no combate contra a violencia de xénero e desenvolver, en colaboración co tecido social, unha campaña urxente de concienciación sobre a responsabilidade social e a necesidade de illar os agresores.
- Elaborar un plan de formación especial para o persoal que traballa con mulleres vítimas de violencia de xénero.
- Exixir o cumprimento da normativa en publicidade sexista, chegando a romper patrocinios con aqueles medios que o incumpriren
- Ser exemplares na loita contra a violencia cotiá e os micromachismos e, por tanto, rexeitando e exixindo responsabilidades políticas a aquelas persoas con cargos institucionais que fixeren declaracións machistas.
- Deseñar un plan de sensibilización permanente contra a violencia machista que englobe ao conxunto da sociedade.
Non podemos rematar
esta acto sen facer unha lembranza as 51 mulleres asasinadas no que
vai de ano a mans da súa parella, das cales 6 son galegas. Esta
homenaxe é para vos: Mª Elena, Mª Xose, Mª Belen, Mª Luisa, Sara
e Mónica e para todas aquelas mulleres que loitaron, loitan e
loitaran por unha sociedade mais xusta e igualitaria para as
mulleres.
Porque
a violencia machista, non vos fai mais homes!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario