Estas son algunhas das nosas propostas para o teu tempo de lecer nestas datas de Nadal. Fotografía, pintura e literatura. Visións e perpectivas en feminino. Mulleres na tradición e na vangarda. Escolle a túa!:
Exposición fotográfica "Un Mar de Mulleres"
Até o 23 de decembro de 2011

Lugar: Punto Xove - Concello de Vigo (Rúa López de Neira 27, Vigo).
Horario: de luns a venres de 9.30 a 14:00h. - de luns a xoves de 17:00 a 20:00h.
Máis información: Tlf. 986 223 004, puntoxove@vigo.org, xuventude@vigo.org
Exposición "Camiños en Feminino. Arte 2011-2012"
Até o 22 de xaneiro de 2012

Lugar: Sala de Exposicións do Pazo da Cultura de Pontevedra (Rúa Alexandre Bóveda s/n, 36005 Pontevedra).
Horario: de martes a venres de 17 a 21 h. Sábados de 11 a 14 h e de 17 a 21 h. Domingos e festivos de 11 a 14 h. Luns pechado.
Exposición "Entre Liñas"
Até o 25 de xaneiro de 2012

Lugar: Planta baixa do edificio da Delegación Territorial da Xunta de Galicia en Vigo (Rúa Concepción Arenal 8, Vigo).
Máis información: Tlf. 986 817 606.
Presentación da novela "Verbas no Ar"
Xoves, 22 de decembro de 2011

A novela encadea as revoltas nos países do norte de África coa actitude de descontento e
protesta da xuventude protagonista dos movementos que estamos a
contemplar no noso entorno cun estilo case propio do panfleto, por agresivo, mesmo incendiario ("Son tempos de combate, de manifestarse contra a inxustiza").
Interveñen: Iria Morgade Valcárcel (licenciada en Ciencias Políticas e escritora), Xabier P. Docampo (escritor e titor do VII Premio
Biblos-Pazos de Galicia) e Tucho Calvo (escritor e editor de Biblos).
Lugar: Salón de Actos do Pazo de Mugartegui de Pontevedra (praza da Pedreira 10, Pontevedra)
Hora: 20:00
No hay comentarios:
Publicar un comentario