Traballadoras Silenciadas

5 ene 2012


A man de obra feminina é protagonista dunha historia silenciada. Esquecidas, ocultadas, as mulleres foron e seguen a ser pezas esencias da vida económica. Sobre as súas cabezas, aínda hoxe, levan o peso das familias e do traballo non recoñecido.

Activas, loitadoras, dende tempos inmemoriais, torcen o lombo sobre as leiras, limpando casas, en faenas de costura, ensamblando pezas de xoguetes, no servizo doméstico, nas tarefas do mar, nos negocios familiares, como profesoras particulares

Sen recoñecemento laboral e con pouca ou nula remuneración seguen a súa trasfega en beneficio dunha sociedade que ten que facer esforzos para o seu recoñecemento.

A continuación ofrecémosche un conxunto de imaxes para a memoria. As mans destas mulleres anónimas cimentaron a sociedade que coñecemos. Elas son o máis valioso da nosa historia. O símbolo dunha loita social que aínda persiste. 










Case todas as fotografías son do Proxecto "A Memoria do Mar" do Museo do Mar de Galicia. Todas son de mulleres galegas (décadas 50, 60 e 70).

No hay comentarios: