"A violencia non é sempre visible", da deseñadora danesa Trine Sejthen, é o cartel gañador do primeiro premio do concurso europeo de publicidade convocado polo Centro Rexional de Información das Nacións Unidas para Europa Occidental (UNRIC) co tema: Non á Violencia contra a Muller.
Trine Sejthen da no cravo nunha circunstancia común na sociedade na que vivimos, a da violencia invisible e a do enmascaramento da violencia. Enmascarar (pola propia vítima en primeiro lugar) ou desviar a atención cara a outro lado é habitual na nosa sociedade ("o que non se ve non existe"...). Para non recoñecela como tal, chegáronse a inventar todo tipo de mitos e lendas, que pretenden, como todo mito e lenda, explicar o inexplicable por medio de feitos non comprobables, pero que de tanto repetilos acaban por ser cridos por unha enorme cantidade de xente.
- "A violencia de xénero afecta a moi poucas. É algo raro e illado".
- "A violencia de xénero afecta só a certo tipo de mulleres, de baixos ingresos, certas situacións desfavorecidas ou culturas minoritarias".
- ...
O obxectivo da iniciativa «Create 4 the UN» organizada por UNRIC co apoio de ONU Mulleres é aumentar a sensibilidade sobre este problema que afecta a unha de cada tres mulleres en todo o mundo.
Máis de 2.700 anuncios de 40 países europeos presentáronse a este concurso. O premio do xurado será entregado o vindeiro 24 de novembro en Madrid nunha cerimonia organizada pola Fundación La Caixa, a institución doante do premio.
Ademais do premio do xurado outorgado a Trine Sejthen, deseñadora e fotógrafa danesa, outros dous deseñadores de Kósovo e Francia foron gañadores (categorías: votación popular e mocidade):
- «A violencia non é sempre visible» (ela ten tres costelas rotas, dous dentes frouxos, 5 queimaduras de cigarros na súa perna ... non sempre se pode contar). Trine Sejthen. Dinamarca. Primeiro premio. Xurado de expertos.
- «Trátame como a unha Muller». Gjoke Gojani. Kósovo. Gañador da votación popular.
- «Palabras». Raphaelle Moreau. Francia. Premio da Mocidade, para menores de 25 anos.
Os premios anunciáronse nunha cerimonia en Bruxelas que contou coa presenza de Androulla Vassiliou, Comisaria Europea de Educación e Cultura (a Comisión Europea forma parte do grupo de socios, tanto públicos como privados, que ten o concurso europeo de publicidade convocado por UNRIC. Entre outros inclúese unha coalición de máis de 20 medios de comunicación de toda Europa). Durante a cerimonia, Dagmar Schumacher, Directora da Oficina de ONU Mulleres de Bruxelas, lembrou que a violencia contra as mulleres é unha pandemia mundial de proporcións alarmantes, que non ten fronteiras nacionais, sociais, económicas, culturais ou relixiosas.
Afsané Bassir-Pour, Directora de UNRIC, eloxiou o entusiasmo co que Europa participou no concurso sinalando: "o noso obxectivo foi aumentar a conciencia sobre este asunto, axudar a romper o tabú, e facer isto a través da comunidade creativa europea. Unha imaxe, como din, vale máis que mil palabras".
O anuncio gañador será publicado en varios xornais europeos cando conclúa oficialmente o concurso o 25 de novembro, Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a Muller.
Web do concurso Create 4 the UN |
ÚNETE - Fin da violencia contra a muller
O concurso «Create 4 the UN» forma parte da Campaña do Secretario Xeral de Nacións Unidas ÚNETE- Fin da violencia contra a muller.
En febreiro de 2008, o Secretario Xeral das Nacións Unidas, Ban Ki-moon, emprendeu a súa campaña «Únete para pór fin á violencia contra as mulleres», unha iniciativa multianual encamiñada a previr e eliminar a violencia contra mulleres e nenas en todas as partes do mundo.
A campaña reúne a unha serie de organismos e oficinas da ONU para impulsar a acción en todo o sistema das Nacións Unidas a fin de previr e sancionar a violencia contra as mulleres en todas as súas formas. A través desta iniciativa, a ONU aúna esforzos cos individuos, a sociedade civil e os gobernos.
Para 2015, ÚNETE enfócase en alcanzar os seguintes cinco obxectivos en todos os países:
- Adoptar e facer valer as leis nacionais para tratar e castigar todas as formas de violencia contra mulleres e nenas.
- Adoptar e implementar plans de acción nacionais de sectores múltiples.
- Fortalecer a recompilación de datos sobre o predominio de violencia contra mulleres e nenas.
- Aumentar a conciencia do público e a mobilización social.
- Tratar a violencia sexual durante conflitos.
MÁIS INFORMACIÓN:
2 comentarios:
Hola soy conchita Lloria, Leo por primera vez vuestro blog y me parece muy interesante. Espero participar de vuestra informacion, y poder a la vez daros mi opinion sobre la violencia que tengo, pues creo que es una violencia social, que termina despues en violencia de género. Poner tiritas a las ramas no solucionan los graves problemas,. Hay que ir a la raiz del arbol, para saber con que semilla se plantó ese conocimiento, y que frutos podridos esta produciendo. Hay que se valientes a la hora de saber enfrentarse a ello con la verdad. Un saludo Conchita
Ola Conchita, graciñas polo teu comentario!. Estas convidada a participar neste espazo sempre que queiras. Sen lugar a dúbidas hai que ser valentes. A valentía é o común denominador de moitas mulleres que están a mudar o mundo que coñecemos.
Publicar un comentario